Xosé Luís Axeitos Agrelo, nado en Asadelos (Asados, Rianxo) o 1 de xaneiro de 1945, é un escritor e investigador galego. É membro da Real Academia Galega desde 2004.
Traxectoria Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade de Salamanca onde foi alumno do profesor José Luís Pensado, mestre da filoloxía galega a quen debe o seu achegamento ao século XVIII. Foi catedrático de Lingua e Literatura Castelá no IES Rafael Dieste da Coruña, cidade na que reside e onde exerceu a súa profesión desde 1989. Tamén é profesor-titor da UNED na súa sede da Coruña.
No campo da literatura dedica especial atención a Dieste, Luís Seoane e Manuel Antonio, aos que estudou e editou. Tense preocupado tamén polo mundo da edición en Galicia. Ingresou na Real Academia Galega o 30 de outubro de 2004, sendo Arquiveiro-Bibliotecario dela desde o 17 de decembro de 2005 ata o 18 de decembro de 2009.
Foi conferenciante, participou como relator en congresos sobre o exilio e sobre distintos escritores galegos. Organizou os congresos de Luís Seoane e Rafael Dieste. Colaborou en exposicións relacionadas co libro galego na Arxentina e coas biografías de Rafael Dieste e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Forma parte do consello editorial da Biblioteca del Exilio e do consello de redacción das revistas Citania, Cuadrante, Unión Libre. Ten publicado artigos en Boletín Galego de Literatura, Ínsula, Verba, A Trabe de Ouro, Grial, Zurgai e Serta.
Obra en galego Ensaio e edicións miniatura|Manuel Antonio. Poesía galega completa. As coplas galegas do P. Sarmiento, 1982, Ediciós do Castro. Antoloxía da poesía galega erótica e amatoria, 1988, Ediciós do Castro, editor. Descripción circunstanciada de la costa de Galicia, de Xosé Cornide, 1991, Ediciós do Castro.
A fiestra valdeira, de Rafael Dieste, 1994, IGAEM. Rafael Dieste. Obra galega completa I e II, 1995, Galaxia. Rafael Dieste. Ollar o mundo con sede adiviñadora, 1995, Espiral Maior. Rafael Dieste, Obras Completas V. Epistolario, 1995. A soldadeira, de Luís Seoane, Ediciós do Castro, 1996. El Barbero Municipal, 2000, Ediciós do Castro, edición facsimilar. Manuel Antonio. A Nosa Memoria, 2000. O exilio galego: mapa de cicatrices, 2003, Ediciós do Castro. A Academia no discurso exílico de Luís Seoane, 2004, Real Academia Galega, con resposta de Xesús Alonso Montero. Catro poemas galegos: (unha homenaxe a Galicia), de Lorenzo Varela, 2004, Ediciós do Castro. Algunhas reflexións sobre o exilio e Lorenzo Varela, 2005, Ediciós do Castro.
Aproximacións a Manoel Antonio (2020). Axóuxere Edicións. 272 páxs.
Obras colectivas Luís Seoane: Unha fotobiografía 1910-1979, 1994, Xerais. Luís Seoane e o libro galego na Arxentina (1937-1978), 1994, Deputación da Coruña, con Xavier Seoane. A cultura e a creatividade galegas de cara ao ano 2000, 1995, Asociación Cultural Escola e Sociedade. Rafael Dieste (1899-1981): unha fotobiografía, 1995, Xerais. E. Fernández Sendón "Fersen". Memoria e antoloxía dun republicano galego (en colaboración con Uxío Bobillo), 1996. Sesenta anos despois: os escritores do exilio republicano: actas do Congreso Internacional celebrado na Universidade de Santiago de Compostela, 16, 17 e 18 marzo de 1999, con Charo Portela Yáñez, 1999, Ediciós do Castro. Manuel Murguía. Vida e obra (en colaboración con Xosé Ramón Barreiro), 2000. Cartas a Murguía I e II (en colaboración con Xosé Ramón Barreiro), 2003, Fundación Pedro Barrié de la Maza. Lorenzo Varela. Fotobiografía, 2005, Xerais. Manuel Lugrís Freire, o compromiso, 2006, La Voz de Galicia, con Xosé Ramón Barreiro. Os símbolos de Galicia, 2007, Consello da Cultura Galega e Real Academia Galega. A patria enteira: homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández, 2008, Universidade de Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega e Real Academia Galega. Edición con Emilio Grandío Seoane e Ramón Villares. Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora. Diccionario Seoane, 2010, Fundación Luís Seoane. Unha cesta de pombas e mazás. Homenaxe a Isaac Díaz Pardo, 2013, Academia Real Isaac Díaz Pardo. No tempo de Follas novas. Unha viaxe pola literatura universal, 2015, Alvarellos. Arredor das Irmandades da Fala, 2016, Xerais.
Obra en castelán Edicións Lorenzo Varela. Poesía Completa, 2000, Ediciós do Castro. Lorenzo Varela. Ensayos, conferencias y otros escritos, 2001, Ediciós do Castro.
Obras colectivas Cartas del Padre Sobreira a Gómez de Ortega y Cornide, en colaboración con José Luis Pensado), 1983, Ediciós do Castro. Epistolario, de Carmen Muñoz Manzano, en colaboración con Charo Portela Yáñez, 2005, Ediciós do Castro.
Premios Premio Sereo de Cultura Galega da Asociación Cultural Barbantia no 2009. Premio Antón Losada Diéguez de investigación 2018 por Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Membros da Academia Real Academia Galega.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Arquiveiros/Bibliotecarios da Real Academia Galega Categoría:Nados en Rianxo Categoría:Nados en 1945 Categoría:Enciclopedistas de Galicia Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela