Xan López Facal, tamén grafado Xoán López Facal ou Joám Lopes Facal, nado en Toba (Cee) en 1940, é un enxeñeiro, economista e político galego.
Traxectoria Formación académica Fillo do médico de Toba, nceu nunha familia de oito irmáns e irmás máis. trasladouse a Santiago de Compostela a casa duns familiares para facer os últimos cursos de bacharelato e estudar na súa Universidade. Tras estudar o primeiro curso de Ciencias na Universidade de Santiago de Compostela (daquela curso común para todas as licenciaturas en Ciencias e as enxeñarías), trasladouse a Madrid para estudar na súa Universidade Politécnica a carreira superior de Enxeñaría industrial. Posteriormente acadou o título de doutor en Ciencias Económicas na USC.Lopes Facal, Joám , no IGADI. Última actualización 03-03-2021.
Labor como enxeñeiro, economista e político
Traballou como enxeñeiro na empresa Tafisa de Pontevedra, e despois no estaleiro Barreras en Vigo. Nesa época desenvolveu unha intensa actividade sindical militando na clandestinidade en Galicia Socialista con Camilo Nogueira (cuñado seu). Marchou a Madrid para traballar nos servizos centrais do Banco Popular e despois no Banco Central. Regresou a Galicia para traballar en SODIGA, da que chegou a ser director económico-financeiro. Foi un dos dirixentes da Asemblea Popular Galega, integrándose despois no Partido Obreiro Galego. Foi profesor de Enxeñería Química da Universidade de Santiago de Compostela e deputado no Parlamento de Galicia polo PSG-EG. En 1999 prexubilárono de Sodiga e deu clases na Escola Politécnica Superior de Lugo. Traballou na análise da situación da economía galega e participou como docente en cursos máster da USC.
Escribiu unha tese sobre o Banco Olimpio Pérez. (Véxase máis abaixo).
En 2016 tomou parte na fundación da Associaçom de Estudos Galegos (AEG) da que actualmente é o seu presidente.
Obra en galego Ensaio Percursos sem roteiro Através Editora, 2015. "Lusofonia, perfil e sentido" IGADI, 2019. "A economia galega frente ao exterior" IGADI, 2020.
Tese de doutoramento Xoán López Facal (2014): "O Banco de Olímpio Pérez, 1880-1936".O banco de Olímpio Pérez, 1880-1936 en Minerva, repositorio institucional da Universidade de Santiago de Compostela.
Obras colectivas Camilo Nogueira, Luís Soto e Xan L. Facal (1980): O poder industrial en Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-010-8. Globalización, Competencia e Deslocalización. Perspectivas dende Galicia. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 978-84-690-9673-4.Texto completo
Obra en castelán Ensaio Desarticulación y dependencia industrial de Galicia (Sodiga, 1977). La expulsión de los recursos financieros y el crecimiento económico de Galicia (Sodiga, 1977).
Vida persoal Membro dunha coñecida familia, é irmán do lingüista, especialista en grego e tradutor Javier López Facal, do profesor de historia e historiador Ramón López Facal (home da académica Marilar Aleixandre), do enxeñeiro e sindicalista Xaquín López Facal (pai do pensador e programador Xan López) da finada mestra Paz López Facal (muller do político Camilo Nogueira e nai da avogada e profesora Alba Nogueira).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Cartel electoral das Autonómicas de 1981.
Perfil en Através Editora Artigos de opinión en Praza.gal.
Categoría:Economistas de Galicia Categoría:Enxeñeiros de Galicia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSG-EG Categoría:Nados en Cee Categoría:Nados en 1940 Categoría:Deputados da III Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela