Odense«Odense». é unha comuna e cidade de Dinamarca, situada na rexión de Syddanmark, na illa de Fionia. Ten unha poboación de 172.512 habitantes (2014), sendo a terceira cidade máis poboada de Dinamarca.
Historia O nome de Odense provén de Odins Vi que significa 'o Santuario de Odin', en relación coa antiga mitoloxía escandinava. É unha das cidades máis antigas de Dinamarca. En 1988 celebrou os 1.000 anos de antigüidade. O Templo de San Knud foi durante a Idade Media un importante punto de peregrinación para honrar ao rei Knud, asasinado no 1086. En 1805 converteuse na sede da asemblea provincial de Fionia.
Arquitectura Catedral de San Knud: é unha das maiores de Dinamarca. É de estilo gótico. Foi construída entre 1081 e 1093 e reconstruída no século XIII. Aquí está enterrado o rei Knus, patrón de Dinamarca, que disputou con Guillerme de Normandía a posesión de Inglaterra e que morreu asasinado no ano 1086. A catedral contén un retablo en forma de tríptico de máis de 5 metros de altura. Foi esculpido por Claus Berg, mestre escultor nacido en Odense. O retablo contén máis de 300 figuras. A catedral ten tamén pías bautismais do ano 1720. Casa de Hans Christian Andersen: está situada nun barrio completamente remodelado e que conserva casas de principios do século XIX. A vivenda na que Andersen pasou parte da súa vida converteuse nun museo no que se poden ver diversos manuscritos das súas obras así como debuxos e esbozos de viaxes realizadas polo escritor. Pobo Fioniano: trátase dun museo ao aire libre no que se poden visitar unha vintena de casas e granxas típicas da zona completamente reconstruídas. O museo permite ver como era a vida rural na provincia nos séculos XVI e XVII.
Veciños notábeis Hans Christian Andersen (1805–1875), novelista, poeta e escritor de relatos curtos. Carl Nielsen (1865–1931), compositor clásico. Canuto IV de Dinamarca (c. 1043–1086), tamén coñecido como Canuto o Santo. Carl Frederik Tietgen (1829–1901), banqueiro e filántropo. Thomas B. Thrige (1866–1938), inventor. Anja Andersen (nada en 1969), xogadora de balonmán Birgitte, Duquesa de Gloucester (nada en 1946). Caroline Wozniacki (nada en 1990), xogadora de tenis Peter Eastgate (nado en 1985), xogador de póker. Abraham Kurland (1912–1999), medallista olímpico. Kim Larsen (nado en 1945), estrela de rock. Jens Galschiøt (nado en 1954), escultor. Frederik Klokker (nado en 1983), xogador de crícket. Mø (nada en 1988), cantante. Ove Sprogøe (1919–2004), actor.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio oficial de Odense Odense - City of Hans Christian Andersen
Odense