Juan de Molina, Francisco de Molina, Luis de Molina, Bartolomé Francisco de Molina ou Bartolomé Sagrario de Molina<ref>CUEVAS, CRISTÓBAL (dir.), Diccionario de escritores de Málaga y su provincia, Madrid:Castalia, 2002</ref>, máis coñecido como Licenciado Molina, nado en Málaga, foi un escritor español do século XVI. miniatura|Descripcion del Reyno de Galizia. Traxectoria Sábese que estudou dereito e de aí o título de licenciado, e crese que estudou na Universidade de Santiago de Compostela, creada pouco tempo atrás, ou que cando menos, que despois estivera practicando a avogacía en Santiago de Compostela. En 1549 redactou a súa obra máis coñecida, a Descripcion del Reyno de Galizia y de las cosas notables del, que publicou ao ano seguinte, 1550, en MondoñedoFLOREZ, HENRIQUE, España sagrada: Theatro geographico-historico de la iglesia de España, vol. XVIII, Madrid:Antonio Marín, 1764.. Consta tamén que foi nomeado cóengo polo bispo de Mondoñedo, Diego de SotoFLOREZ, HENRIQUE, España sagrada: Theatro geographico-historico de la iglesia de España, vol. XVIII, Madrid:Antonio Marín, 1764.
Obra conservada miniatura|Placa na rúa do seu nome en Mollavao (Pontevedra). Cancionero, Salamanca, 1527. Consérvase unha copia na Biblioteca Ambrosiana de Milán. Descripcion del Reyno de Galizia y de las cosas notables del, Mondoñedo, 1550. Consérvase un exemplar na Biblioteca da Real Academia Galega, A Coruña. Argumento de vida. 1550. Tractatus differentiarum interius commune et regium tam in ultimis voluntatibus quam in contractibus et delictis'', 1551.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Escritores de Andalucía Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores en lingua latina Categoría:Xeógrafos de España Categoría:Nados en Málaga Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido