Ánxel Romero Cerdeiriña, nado no Riós o 3 de decembro de 1901 e finado o 22 de febreiro de 1987, foi un notario, escritor e político galego.
Traxectoria miniatura|O karma de Farruco Filgueira. Lar. 1926. Formado en Ourense con Marcelo Macías e Antón Losada Diéguez, estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela onde foi presidente da tuna compostelá e compañeiro de Fermín Bouza-Brey.
Foi socio fundador do Seminario de Estudos Galegos. Colaborou en Nós, Lar e Lareira, e publicou en 1926 a novela curta O karma de Farruco Filgueira. Posteriormente aprobou oposicións e estableceuse como notario.
Foi candidato por Acción Republicana, partido de Manuel Azaña, nas eleccións xerais de 1931 e 1933.
Dirixiu o Lar Gallego de Valencia e a súa publicación: Lareira (1950-1953). Foi correspondente da Real Academia Galega.Membros da Academia. Correspondentes
En 1977 acordouse a súa xubilación forzosa como notario de Madrid por ter cumprida a idade regulamentaria.BOE n.º 13, de 15/1/1977, p. 1032
Obras O karma de Farruco Filgueira, 1926, Lar.
La inscripción de la posesión y la inmatriculación registral, 1935. Estudios sobre el Derecho hereditario, 1947. Actos de disposicón sobre gananciales; un parche reglamentario, 1949 En torno al concepto del derecho hereditario. "La última moda", 1950 La transformación de las sociedades y la Ley de arrendamientos urbanos, 1975.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Seminario de Estudos Galegos Ligazóns externas Enciclopedia Historia Literatura galega'' Asociación Socio-Pedagóxica Galega
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados no Riós Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Políticos de Acción Republicana Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Membros do Seminario de Estudos Galegos Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes