Band of Horses é unha banda estadounidense de indie rock formada no ano 2004 en Seattle por Ben Bridwell. Bridwell é o único membro constante do grupo tras varios cambios na formación. No presente a formación tamén inclúe a Creighton Barrett (batería), Ryan Monroe (teclados, guitarra, coros), Matt Gentling (baixo, coros) e Brett Nash (guitarra, coros).
Durante dez anos a formación máis estable de Band of Horses contou co guitarrista Tyler Ramsey e o baixista Bill Reynolds, que gravaron e actuaron coa banda entre 2007 e 2017, antes de marchar de forma pouco amigable.
Ata a data a banda levan editados seis álbums de estudio: Everything All the Time (2006), Cease to Begin (2007), Infinite Arms (2010), Mirage Rock (2012), Why Are You OK (2016) e Things Are Great (2022), sendo Infinite Arms nomeado a un premio Grammy en 2011.
Discografía Álbums de estudio Álbum Ano Selo Everything All the Time 2006 Sub Pop Records Cease to Begin 2007 Sub Pop Records Infinite Arms 2010 Columbia/Brown/Fat Possum Mirage Rock 2012 Columbia Records Why Are You OK 2016 Interscope RecordsThings Are Great2022 BMG
EPs Álbum Ano Selo Tour EP 2005 autoeditado Sonic Ranch Sessions 2012 Columbia Records
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de southern rock Categoría:Grupos musicais de country alternativo Categoría:Grupos musicais de Seattle, Washington Categoría:Grupos musicais formados en 2004