Francisco Acal Eiros, nado en Abrairas (A Braña, Baleira) o 6 de xuño de 1932 e finado en Lugo o 26 de maio de 2013, foi un político galego, alcalde de Baleira durante trinta e catro anos, dende 1977 ata 2013.
Traxectoria Foi presidente da Cámara Agraria local e foi designado alcalde de Baleira en 1977. Nas primeiras eleccións democráticas foi o candidato de UCD á alcaldía de Baleira, e foi elixido alcalde. Repetiu como alcalde nas municipais de 1983 por Coalición Galega, volveu ser elixido nas municipais de 1987 pola CPG e a partir de 1991 polo PPdeG nas sucesivas convocatorias electorais, sempre con maioría absoluta.
Aínda que anunciou que non tiña previsto repetir candidatura,Francisco Acal Eiros: Levo 32 anos na alcaldía, xa cumprín e non me vou presentar ás vindeiras eleccións . elprogreso.galiciae.com, 07/12/2009. finalmente volveuse presentar como candidato á alcaldía de Baleira polo PPdeG nas municipais de 2011 e volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta. Faleceu en 2013, mentres ocupaba a alcaldía, e foi relevado no cargo por Ángel Enrique Martínez-Puga López.
Acal foi tamén presidente da Asociación de Amigos da Marronda e cabaleiro da Orde do Camiño de Santiago.Damas y caballeros de la Orden del Camino de Santiago.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Eleccións municipais en Baleira
Categoría:Alcaldes de Baleira Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Galega Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Baleira Categoría:Nados en 1932 Categoría:Finados en 2013