Jesús Otero Varela, nado en Merza o 29 de xaneiro de 1959,Otero invitará a Rajoy y Feijóo en mayo por su vigésimo aniversario en la Alcaldía é un político galego do PPdG, que foi alcalde de Vila de Cruces.

Traxectoria Comezou a súa carreira política como concelleiro de Alianza Popular en Vila de Cruces en 1983. En maio de 1990, logo do falecemento en accidente do alcalde Sergio Iglesias Pazos, foi elixido alcalde. Nas eleccións municipais de 1991 encabezou a candidatura do PPdeG e revalidou a alcaldía cunha ampla maioría absoluta. Mantivo a alcaldía nos sucesivos comicios, sempre con maioría absoluta. Formou parte da candidatura do PPdeG ao Congreso dos Deputados por Pontevedra en 2004 e 2008, sen resultar inicialmente elixido, ata que en xuño de 2011 tomou posesión como deputado en substitución de María Ramallo, manténdose ata os comicios xerais de novembro dese mesmo ano.

Nas eleccións municipais de 2019 perdeu a maioría absoluta e a alcaldía, tras apoiar nacionalistas e socialistas o independente Luís Taboada Sánchez. Nas municipais de 2023 encabezou de novo a candidatura do PPdeG mais nesta ocasión pasou a se-la segunda forza tralos independentes, polo que continuou na oposición.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Vila de Cruces

Ligazóns externas Ficha no sitio web do Congreso dos Deputados

Categoría:Alcaldes de Vila de Cruces Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PP Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en Vila de Cruces Categoría:Nados en 1959 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes