Luís Emilio Batallán González, nado en Santiago de Compostela o 18 de setembro de 1948, é un médico e músico galego.

Traxectoria Fillo de Luis Batallán Pena. En 1975 publicou o disco Ahí ven o maio, no que musicaba poemas de Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Ramón Cabanillas, Rosalía de Castro e Álvaro Cunqueiro e do que se venderon máis de cincocentos mil exemplares.Quen poidera namorala No bico un cantar, 19/2/2013, Televisión de Galicia. Foi durante catro anos presidente do Pontevedra Club de Fútbol. En 1989 apareceu o seu segundo disco, Ballet da nena, con letras propias e de Uxío Novoneyra, Neira Vilas, Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro e Manuel Antonio. En 1992 apareceu o seu terceiro elepé Eres un fármaco. O seu traballo Tu retrato apareceu en 2007.

Xubilouse como médico rural en Moraña.

Discografía Ahí ven o maio (1975) Ballet da nena (1990) Eres un fármaco (1992) Tu retrato (2007) Había que chegar (2014, Galaxia) 70 y 29 (2016)

Vida persoal Luís Emilio Batallán foi fillo de Luis Batallán Pena, médico e alcalde de Moraña durante o franquismo, e de Ofelia González Taboada, farmacéutica en Moraña, finada en 2015. Está casado e ten catro fillos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Páxina oficial do artista Artigo en El País 21/8/1990 . Ahí ven o Maio en ghastaspista.com

Categoría:Nados en 1948 Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Cantantes en lingua galega Categoría:Presidentes do Pontevedra CF