Alfredo Laudelino García Rodríguez,Listaxe de alcaldes de Ourense . nado en Oblanca de Luna (Sena de Luna, na provincia de León) en 1953, é un político galego e leonés do PSdeG-PSOE.

Traxectoria MestreRegidores en la provincia de Ourense . www.elcorreogallego.es, sen data. . Foi elixido concelleiro do PSdeG-PSOE no Barco de Valdeorras en 1987, sendo o responsable da área de Cultura. En abril de 1989 presentou a súa dimisión como edil.

Nas eleccións municipais de 1999 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía do Barco de Valdeorras e foi a forza máis votada con 6 concelleiros. Foi elixido alcalde co apoio dos concelleiros socialistas máis os 2 do BNG e o de Unidade OurensáProcesos electorales en Ourense . www.ourensedixital.com, sen data. . Inicialmente gobernou en minoría co edil de Unidade Ourensá, ata que en xuño de 2000 tamén se sumaron ó goberno os edís do BNG e pasaron a gobernar en maioría. Nas municipais de 2003 sumou ás listas do PSdeG-PSOE ó edil de UO, Luís Arias, que xa fora membro socialista, e volveu ser elixido alcalde, nesta ocasión con 9 concelleiros e maioría absoluta. Nese mandato foi designado deputado provincial. Nas municipais de 2007 revalidou novamente a alcaldía con maioría absoluta, nesta ocasión con 10 concelleiros. Nese mandato foi novamente designado deputado provincial, sendo ademais o portavoz do grupo do PSdeG-PSOE na Deputación.

Nas municipais de 2011 revalidou novamente a alcaldía con maioría absoluta, logrando 9 concelleiros. Nese mandato foi elixido vicepresidente primeiro da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP). Nas municipais de 2015 revalidou a alcaldía, de novo con maioría absoluta, alcanzando os 10 concelleiros. En novembro dese mesmo ano foi elixido presidente da FEGAMP. Nas municipais de 2019 revalidou novamente a alcaldía con maioría absoluta e 10 concelleiros. Concorreu ás primarias para Secretaria Xeral do PSdeG-PSOE na provincia de Ourense en xaneiro de 2022, mais foi derrotado polo ata entón Secretario Xeral Rafael Rodríguez Villarino. Nas municipais de 2023 revalidou de novo alcaldía con maioría absoluta, logrando 9 concelleiros. En agosto de 2025 anunciou a súa renuncia á alcaldía.

Vida persoal É viúvo e ten dúas fillas.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais no Barco de Valdeorras

Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia

Categoría:Alcaldes do Barco de Valdeorras Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais de Ourense Categoría:Nados na provincia de León Categoría:Nados en 1953