Matt LeBlanc, nado o 25 de xullo de 1967 en Newton, Massachusetts, é un actor estadounidense. Recoñecido mundialmente pola súa interpretación de Joey Tribbiani na comedia da NBC Friends (1994 - 2004) e na súa serie derivada Joey (2004 - 2006). Polo seu traballo en Friends , LeBlanc recibiu tres nomeamentos aos premios Primetime Emmy. Tamén protagonizou unha versión ficticia de si mesmo en Episodes (2011 - 2017), pola que gañou un Globo de Ouro e recibiu catro nomeamentos adicionais aos premios Emmy. Foi copresentador de Top Gear de 2016 a 2019. De 2016 a 2020, interpretou ao patriarca Adam Burns na comedia da CBS Man with a Plan.
Traxectoria LeBlanc apareceu por primeira vez nun anuncio de ketchup de Heinz en 1987. En 1988, protagonizou o drama de televisión TV 101 durante unha tempada. En 1991, tivo un papel recorrente na exitosa comedia da Fox Married... with Children. Interpretou a Vinnie Verducci, un amigo da familia do protagonista Al Bundy (Ed O'Neill) que sae brevemente coa súa filla, Kelly (Christina Applegate). Tamén foi estrela convidada na primeira tempada de Red Shoe Diaries. LeBlanc protagonizou dúas series derivadas de curta duración de Married... with Children : Top of the Heap (1991) e Vinnie & Bobby (1992).
Apareceu en dous vídeos musicais de Bon Jovi : "Miracle", da banda sonora de Young Guns II en 1990, e "Say It Isn't So" no 2000. Tamén apareceu nos vídeos do sinxelo "Walk Away" de Alanis Morissette, "Into The Great Wide Open" de Tom Petty & The Heartbreakers e "Night Moves" de Bob Seger.
LeBlanc conseguiu o éxito como o parvo pero adorable Joey Tribbiani en Friends ; interpretou a este personaxe durante 12 anos: 10 tempadas de Friends e dúas tempadas de Joey. Friends tivo un éxito rotundo e LeBlanc (xunto cos seus coprotagonistas Jennifer Aniston, Courteney Cox, Lisa Kudrow, Matthew Perry e David Schwimmer) gañou un amplo recoñecemento entre os espectadores. Esta comedia converteuse nun grande éxito para a NBC, emitíndose os xoves pola noite durante dez anos.
Pola súa actuación, LeBlanc recibiu tres nomeamentos aos premios Primetime Emmy, tres aos Globos de Ouro e unha nomeamento aos premios Screen Actors Guild. Durante este tempo tamén apareceu nos filmes Lookin' Italian (1994), Ed (1996), Lost in Space (1998), Charlie's Angels (2000) e a súa secuela, Charlie's Angels: Full Throttle (2003).
Tras a cancelación de Joey, LeBlanc anunciou que deixaría de actuar en televisión durante un ano, que finalmente se acabou convertendo en cinco anos.
Filmografía
Filmes AnoTítuloRol1987Doll Day AfternoonG.I. Joe1993Grey KnightTerhue1994Lookin' ItalianAnthony Manetti1996EdJack "Deuce" Cooper1998Lost in SpaceMajor Don West2000Charlie's AngelsJason Gibbs2001All the Queen's MenO'Rourke2003Charlie's Angels: Full ThrottleJason Gibbs20102014LovesickCharlie Darby
Series AnoTítuloRol1988–1989TV 101Chuck Bender1989Just the Ten of UsTodd Murphy1990Anything to SurviveBilly BurtonMonstersTommy1991Married... with ChildrenVinnie VerducciTop of the Heap1992Vinnie & BobbyRed Shoe DiariesKyle1993Jed CodyClass of '96Frank Goodman1994Reform School GirlVince1994–2004FriendsJoey Tribbiani2004–2006Joey2011–2017EpisodesEl mesmo2011–2012Top GearEl mesmo2013Web TherapyNick JerichoWeb Therapy2015 2016–2019Top GearEl mesmo2016–2020Man with a PlanAdam Burns2021Friends: The ReunionEl mesmoTop Gear: A Tribute to Sabine SchmitzEl mesmo
Vídeos musicais AnoTítuloArtistaRol1990"Miracle"Jon Bon JoviAmigo1991"Into the Great Wide Open"Tom Petty and the HeartbreakersHome novo"Walk Away"Alanis MorissetteParella1994"Night Moves"Bob SegerHome novo2000"Say It Isn't So"Bon JoviDescoñecido
Notas
Véxase tamén
Categoría:Actores de Massachusetts Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de Middlesex, Massachusetts Categoría:Nados en 1967 Categoría:Friends