1942 (MCMXLII) foi un ano común comezado en xoves segundo o calendario gregoriano.

Acontecementos miniatura|Panfleto de 1942, A Coruña. 2 de xaneiro - Durante a segunda guerra mundial os xaponeses entran en Manila. 11 de xaneiro - Os xaponeses ocupan Kuala Lumpur. 21 de xaneiro - Executados en Madrid os dirixentes comunistas e guerrilleiros Francisco Barreiro Barciela, Isidoro Diéguez Dueñas, Jesús Larrañaga Churruca, Manuel Asarta Imaz, Jaime Girabau Estévez e Eladio Rodríguez González. 23 de xaneiro - Comeza a Batalla de Rabaul. 25 de xaneiro - Tailandia declara a guerra ós Estados Unidos e o Reino Unido. 18 de abril - Ataque de avións B-25 Mitchell, comandados polo tenente-coronel James Doolittle ó Xapón. O primeiro ataque ao territorio xaponés despois de Pearl Harbour. 24 de abril - Congreso de Ferradillo no que se constitúe a Federación de Guerrillas de León-Galicia. 1 de xuño - México declara a guerra ao Xapón, Italia e Alemaña. 1-27 de xullo - Primeira Batalla de El Alamein. 3 de xullo - Guadalcanal cae en mans xaponesas. 17 de xullo - Créase nos montes de Ferradillo, preto de Ponferrada, a Federación de Guerrillas de León-Galicia. 13 de agosto - Estréase o filme de animación Bambi 22 de agosto - O Brasil declara a guerra a Alemaña e o Xapón 19 de novembro - Batalla de Stalingrado: tropas soviéticas lanzan contra-ataque. O 22 de novembro, o xeneral alemán Friedrich von Paulus telegrafía a Adolf Hitler informando que o 6º Exército alemán se encontra cercado.

Acontecementos de maior duración Segunda guerra mundial (1939-1945)

Nacementos xaneiro 1 de xaneiro - Célestin Gaombalet, primeiro ministro da República Centroafricana. 3 de xaneiro - John Thaw, actor británico. 3 de xaneiro - László Sólyom, presidente de Hungría. 8 de xaneiro - Stephen Hawking, físico británico. 8 de xaneiro - Junichiro Koizumi, primeiro ministro do Xapón. 8 de xaneiro - Yvette Mimieux, actriz estadounidense. 17 de xaneiro - Muhammad Ali, boxeador estadounidense. 31 de xaneiro - Daniela Bianchi, actriz italiana.

febreiro 9 de febreiro - Carole King, cantante e compositora estadounidense. 12 de febreiro - Ehud Barak, primeiro ministro de Israel. 16 de febreiro - Kim Jong-il, líder da Corea do Norte. 18 de febreiro - Antón Santamarina Fernández, lingüista galego. 27 de febreiro - Robert H. Grubbs, químico estadounidense, Premio Nobel. 28 de febreiro - Brian Jones, músico inglés (The Rolling Stones) (m. 1969) (m. 1969).

marzo 2 de marzo - Lou Reed, cantante, compositor e músico estadounidense (Velvet Underground). 5 de marzo - Felipe González, primeiro ministro de España. 9 de marzo - John Cale, músico e compositor británico (Velvet Underground). 21 de marzo - Fradique de Menezes, presidente de Cabo Verde. 25 de marzo - Aretha Franklin, cantante norteamericana. 25 de marzo - Richard O'Brien, actor británico. 27 de marzo - John E. Sulston, químico británico, Premio Nobel. 27 de marzo - Michael York, actor inglés. 28 de marzo - Neil Kinnock, político británico.

abril 5 de abril - Peter Greenaway, realizador de cine galés. 9 de abril - Adriano Correia de Oliveira, músico portugues. 20 de abril - Arto Paasilinna, escritor finlandés. 24 de abril - Barbra Streisand, actriz de cine e teatro, cantante e compositora estadounidense. 26 de abril - Bobby Rydell, cantante estadounidense. 26 de abril - Mojmír Bártek, compositor, profesor e director de música checo.

maio 7 de maio - Andrés Montañez, cantante de música salsa de Porto Rico. 28 de maio - Stanley B. Prusiner, científico estadounidense, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina.

xuño 1 de xuño - Xosé Manuel Martínez Oca, escritor galego. 3 de xuño - Curtis Mayfield, músico estadounidense (m. 1999). 7 de xuño - Muammar al-Gaddafi, líder libio (m. 2012). 12 de xuño - Bert Sakmann, fisiólogo estadounidense, Premio Nobel. 12 de xuño - Rafael Pillado, político e sindicalista galego. 17 de xuño - Mohamed ElBaradei, director da AIEA, Premio Nobel da Paz. 18 de xuño - Paul McCartney, cantante, compositor e músico británico (The Beatles) 20 de xuño - Brian Wilson, cantante estadounidense (The Beach Boys). 24 de xuño - Eduardo Frei Ruiz-Tagle, presidente de Chile. 24 de xuño - Mick Fleetwood, compositor estadounidense (Fleetwood Mac). 24 de xuño - Gilberto Gil, cantante, músico e político brasileiro. 27 de xuño - Bruce Johnston, músico estadounidense (The Beach Boys).

xullo 2 de xullo - Vicente Fox Quesada, presidente de México. 13 de xullo - Harrison Ford, actor estadounidense. 23 de xullo - Luís Daviña Facal, científico galego.

agosto 1 de agosto - Jerry Garcia, músico estadounidense (Grateful Dead) (m. 1995) 2 de agosto - Isabel Allende, escritora chilena. 4 de agosto - David Lange, primeiro ministro de Nova Zelandia (m. 2005). 6 de agosto - Ramón Muñiz, sociólogo e político galego. 6 de agosto - Francesc Pi de la Serra, cantante catalán. 7 de agosto - Caetano Veloso, cantante brasileiro. 20 de agosto - Isaac Hayes, cantante estadounidense (m. 2008).

setembro 1 de setembro - António Lobo Antunes, escritor portugués (m. 2026). 5 de setembro - Werner Herzog, director de cine alemán. 5 de setembro - Bonga, cantante e compositor de Angola. 19 de setembro - Freda Payne, actriz e cantante estadounidense. 21 de setembro - Luis Mateo Díez, escritor español. 29 de setembro - Jean-Luc Ponty, músico francés.

outubro 8 de outubro - Nguyễn Minh Triết, presidente do Vietnam. 20 de outubro - Christiane Nüsslein-Volhard, bióloga alemá, Premio Nobel. 21 de outubro - Elvin Bishop, músico estadounidense. 22 de outubro - Giancarlo Ferrari, atleta italiano. 23 de outubro - Anita Roddick, foi unha empresaria inglesa do ramo da cosmética e tamén escritora. (m. 2007) 25 de outubro - Xosé Henrique Rodríguez Peña, arquitecto e político galego. 26 de outubro - Bob Hoskins, actor inglés (m. 2004).

novembro 1 de novembro - Larry Flynt, fundador da revista estadounidense Penthouse 2 de novembro - Stefanie Powers, actriz estadounidense. 10 de novembro - Robert F. Engle, economista estadounidense, Premio Nobel. 11 de novembro - Juan Pardo cantante galego de orixe mallorquina. 17 de novembro - Martin Scorsese, director de cine estadounidense. 20 de novembro – Joe Biden, 46to presidente-electo estadounidense. 27 de novembro - Jimi Hendrix, músico e cantante estadounidense (m. 1970).

decembro 6 de decembro - Peter Handke, escritor austríaco. 12 de decembro - Karekin Bedkjian, bispo da Igrexa apostólica armenia. 30 de decembro Anne Charleston, actriz Australiana. Michael Nesmith, cantante estadounidense (Monkees). 31 de decembro - Andy Summers, guitarrista británico.

Mortes 22 de febreiro - Stefan Zweig, escritor austríaco. 10 de marzo - Sir William Henry Bragg, físico inglés, premio Nobel de Física en 1915. 28 de marzo - Miguel Hernández, poeta español. 15 de abril - Robert Musil, escritor austríaco. 17 de abril - Jean Baptiste Perrin, físico-químico francés, premio Nobel de Física en 1926. 16 de maio - Bronisław Malinowski, antropólogo polaco. 26 de xullo - Roberto Arlt, escritor arxentino. 3 de agosto - Richard Martin Willstätter, químico alemán, premio Nobel de Química en 1915. 14 de agosto - Alexei Alexeievich Troitzky, estudoso do xadrez. (n. 1866) 24 de setembro - Antonio Ulloa Regueiro, guerrilleiro antifranquista galego. 26 de setembro - Matilde Landa, política española (n. 1904). 15 de novembro - Cándido Fernández Mazas, pintor, debuxante, ilustrador e escritor galego. 22 de decembro - Franz Boas, antropólogo estadounidense. 26 de decembro - Xavier Prado Rodríguez, escritor galego.

Premios Nobel Física: Non concedido Química: Non concedido Fisioloxía ou Medicina: Non concedido Literatura: Non concedido Paz: Non concedido

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Historia ano a ano

Categoría:1942