Montpellier HBNome do club Montpellier Agglomération HandballFundado1982PavillónPalais des sports René Bougnol, MontpellierCapacidade3.000Presidente Adestrador Patrice CanayerLigaChampionnat de France2009-20101ºVestimentaLocal Visitante

O Montpellier Agglomération Handball é un equipo de balonmán da cidade de Montpellier, Francia. Actualmente milita na Championnat de France de handball, a máxima categoría do balonmán francés, categoría á que ascendeu en 1991 e que gañou en 11 ocasións. Nos últimos anos converteuse nun dos grandes dominadores deste deporte en Francia ao conseguir 11 Ligas, 9 Copas e 5 Copas da Liga.

A nivel internacional, o título máis importante conseguido polo club foi a Copa de Europa do 2003 tras derrotar na final ao Portland San Antonio de Pamplona, converténdose no único equipo francés que conseguiu gañar esta competición.

Historia O club foi fundado en 1982 baixo o nome de Cosmos Montpellier. O equipo foi ascendendo de ano en ano, pasando de xogar na División Departamental ata acadar a Nationale 3 na tempada 1986-87. Ese ano o club troca o seu nome polo de Montpellier La Paillade Sport Club e gaña o campionato da Natinale 3.

En 1989 proclamouse campión da Nationale 2 e venceu no Trofeo de Francia. Ese mesmo ano foi rebautizado co seu nome actual. Co novo nome pasa tres tempadas na Nationale 2. En 1991, Patrice Canayer, é nomeado adestrador do equipo, conseguindo o campionato da Nationale 2, o que lle permitiu ao equipo disputar a promoción de ascenso á 1ª División. Esta rápida progresión debeuse á estruturación rápida do seu presidente Jean-Paul Lacombe.

Os resultados encadeáronse moi rapidamente dende a tempada 1993-94. Coa primeira participación na Copa de Europa e a primeira Liga francesa, conseguida nos últimos segundos do último partido fronte ao OM Vitrolles na tempada 1994-95.

Dende a tempada 1997-98 á 2004-05, o Montpellier HB conseguiu sete das oito ligas disputadas e foi subcampión na 2000-01. Durante o mesmo período, conquistou seis veces a Copa de Francia, e como punto culminante conquistou a Copa de Europa en 2003, tras bater na final ao Portland San Antonio de Pamplona, co seu xogador estrela Jackson Richardson, nunha polémica final. Tamén conseguiu gañar en dúas ocasións a Liga dos Pireneos (2002 e 2004) tras derrotar nas dúas ocasións ao FC Barcelona.

Palmarés 1 Copa de Europa: 2003. 2 Ligas dos Pireneos: 2002 e 2004. 12 Ligas: 1995, 1998, 1999, 2000, 2002, 2003, 2004, 2005, 2006, 2008, 2009 e 2010. 10 Copas de Francia: 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2005, 2006, 2008, 2009 e 2010. 6 Copas da Liga: 2004, 2005, 2006, 2007, 2008 e 2010.

Cadro de xogadores da tempada 2010-2011 NºNomeIdadeEstaturaNacionalidadePosición1Mickael Robin251,9025px|FranciaPorteiro6Issam Tej311,8725px|TunisiaPivote7William Accambray221,9425px|FranciaLateral esquerdo10Adrien Di Panda222,0225px|FranciaLateral dereito11Remi Salou221,9725px|FranciaPivote12Richard Stochl352,0225px|EslovaquiaPorteiro14Michael Guigou281,7925px|FranciaExtremo esquerdo15Samuel Honrubia241,8025px|FranciaExtremo esquerdo17David Juricek361,8525px|República ChecaPivote21Branislav Obradovic311,9225px|Bosnia e HerzegovinaLateral dereito22Nikola Karabatic261,9625px|FranciaCentral23Vid Kavticnik261,9025px|EsloveniaExtremo dereito25Luka Karabatic222,0225px|FranciaPivote27Aymen Hammed271,9625px|TunisiaLateral dereito77Mladen Bojinovic332,0125px|SerbiaCentral88Wissem Hmam291,9725px|TunisiaLateral esquerdo

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial do Montpellier HB Web dos seareiros do Montpellier HB

Montpellier