San Cristovo é un lugar da parroquia de Merín no concello coruñés de Vedra na comarca de Santiago. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2009 tiña 24 habitantes (dez homes e catorce mulleres). Toponimia O topónimo San Cristovo é un haxiotopónimo referido a Cristovo de Licia, e débese á presenza no lugar da igrexa parroquial de San Cristovo de Merín.
Patrimonio
En San Cristovo sitúase a igrexa parroquial, a casa reitoral, o cemiterio, o local social e un cruceiro. Onde estaba antigamente a igrexa parroquial está a Fonte do Santo, á cal se lle atribúen propiedades milagreiras.
Lugares e parroquias Lugares da parroquia de Merín
Parroquias de Vedra
Categoría:Lugares de Vedra