miniatura|Gravado de 1870 realizado sobre un debuxo feito pola súa irmá. Jane Austen, nada en Steventon o 16 de decembro de 1775 e finada en Winchester o 18 de xullo de 1817, foi unha novelista inglesa. Foi autora de obras de ficción romántica localizada entre a clase acomodada rural, que a converteron nunha das escritoras máis lidas da literatura inglesa. O seu realismo,Grundy (2014), 195–197 a súa penetrante análise da sociedade da época, unida ao seu uso da narración indirecta libre e a ironía, fan dela un dos máis estimados e influentes novelistas do século XIX segundo os críticos e estudosos.Southam, B. C., The Critical Heritage, 1870–1940. Vol. 2; Grey, J. David, ed. The Jane Austen Companion. Nova York: Macmillan, 1986, 102.

Austen escribiu importantes novelas antes dos 22 anos, pero non foi publicada ata os 35. Publicadas anonimamente Sense and Sensibility (1811), Orgullo e prexuízo (1813), Mansfield Park (1814) e Emma (1816) foron éxitos modestos, pero déronlle pouca fama en vida. Escribiu outras dúas novelas: Northanger Abbey e Persuasión, ambas publicadas postumamente en 1817, e comezou outra, finalmente titulada Sanditon, pero quedou inacabada á súa morte. Tamén deixou tres volumes de escritos xuvenís manuscritos, a novela epistolar curta Lady Susan e a novela inacabada The Watsons.

Traxectoria Familia miniatura|esquerda|Reitoral de Steventon como se amosa en A Memoir of Jane Austen, nun val arrodeado de prados.Le Faye (2004), 20 Jane Austen naceu en Steventon, Hampshire, o 16 de decembro de 1775, un mes máis tarde do que esperaban os seus pais; o seu pai escribiu da súa chegada nunha carta que a súa nai "seguramente esperaba que fose levada á cama hai un mes". Engadiu que a súa chegada foi especialmente benvida como "futura compañeira para a súa irmá".Le Faye (2004), 27; Nokes (1998), 51 O inverno de 1776 foi particularmente duro e non foi ata o 5 de abril que foi bautizada na igrexa local co nome único de Jane.Le Faye (2004), 27

Durante gran parte da vida de Jane, o seu pai, George Austen (1731-1805), serviu como reitor das parroquias anglicanas de Steventon e da veciña Deane.Todd (2015), 2Collins (1994), 86 Procedía dunha vella, respectada e rica familia de comerciantes de la. Co paso dos séculos, cada xeración de primoxénitos recibía herdanzas, dividíase a súa riqueza e a rama da familia de George caera na pobreza. El e as súas dúas irmás quedaran orfos cando eran pequenos e tiveron que ser acollidos por familiares. A súa irmá Philadelphia marchou á India para procurar un marido e George entrou en St John's College, Oxford grazas a unha bolsa. Alí moi probablemente coñeceu a Cassandra Leigh (1739-1827),Le Faye (2004), 3–5, 11 que procedía da destacada familia Leigh; o seu pai foi reitor no All Souls College, Oxford, onde creceu entre a clase acomodada. O seu irmán máis vello James herdou unha fortuna e unha gran propiedade da súa tía avoa Perrot, coa única condición de que cambiase o seu nome por Leigh-Perrot.

George e Cassandra intercambiaron retratos en miniatura en 1763 e probablemente se comprometeron nese tempo.Le Faye (2004), 11 George recibiu a parroquia de Steventon do rico marido da súa prima segunda, Thomas Knight, que posuía Steventon e as súas granxas asociadas, unha das cales alugou a familia Austen para vivir.Le Faye (2004), 6 Dous meses despois da morte do pai de Cassandra, casaron o 26 de abril de 1764 na igrexa de St Swithin en Bath nunha cerimonia sinxela. Partiron cara a Hampshire ese mesmo día.Le Faye (2004), 11; Nokes (1998), 24, 26

Os seus ingresos eran modestos, cunha pequena renda anual de George; Cassandra levou ao matrimonio a esperanza dunha pequena herdanza no momento da morte da súa nai.Le Faye (2004), 12; Nokes (1998), 24 Os Austen fixaron a súa residencia temporal na reitoral de Deane ata que se realizaron en Steventon, unha casa do século XVI en mal estado, as reformas necesarias. Cassandra deu a luz tres fillos mentres vivían en Deane: James en 1765, George en 1766 e Edward en 1767.Le Faye (2004), 11, 18, 19; Nokes (1998), 36 O seu costume era manter un bebé na casa durante varios meses e logo levalo a Elizabeth Littlewood, unha muller que vivía preto para que os coidase e criase dos doce aos dezaoito meses.Le Faye (2004), 19

En 1768, a familia finalmente pasou a residir en Steventon. Henry foi o primeiro fillo que naceu alí, en 1771.Nokes (1998), 37; Le Faye (2004), 25 Nesa época, Cassandra xa non podía ignorar os sinais de que o pequeno George tiña unha discapacidade no seu desenvolvemento. Sufriu convulsións e pode que fose xordo e mudo, e ela decidiu envialo para que fose acollido.Le Faye (2004), 22 En 1773, naceu Cassandra, á que seguiu Francis en 1774 e Jane en 1775.Nokes (1998), 37; Le Faye (2004), 24–27

Primeiros anos Austen viviu toda a súa vida como parte dunha familia situada no chanzo máis baixo da burguesía rural.Lascelles, Mary. Jane Austen and Her Art 1939, 2 De 1773 a 1796, George Austen complementou os seus ingresos coa agricultura e como titor deu clases particulares a tres ou catro estudantes que residían na súa casa.Honan (1987), 14, 17-18; Collins (1994), 54. O reverendo Austen obtivo uns ingresos anuais de 200 libras esterlinas dos seus dous medios de vida.Irvine (2005) p.2 Era un ingreso moi modesto na época; en comparación, un traballador cualificado como un ferreiro ou un carpinteiro podería gañar uns 100 libras anuais mentres que os ingresos anuais típicos dunha familia de cabaleiros estaban entre 1000 e 5000 libras.

A familia estaba composta por oito irmáns, con Jane e a súa irmá máis vella, Cassandra, as únicas mulleres. Cassandra e Jane eran confidentes e hoxe coñécense unha serie de cartas da súa correspondencia. O apoio da súa familia foi esencial para a súa evolución como escritora profesional.Lascelles, 4–5; MacDonagh, 110–28; Honan, 79, 183–85; Tomalin, 66–68.

En 1783, Jane e Cassandra foron enviadas a Oxford para seren educadas por Mrs Ann Cawley, que as levou con elas a Southampton cando se mudou alí máis tarde ese mesmo ano. No outono, ambas as rapazas tiveron que regresar a casa debido a que sufrían tifo e Austen case faleceu.Le Faye (2004), 47–49; Collins (1994), 35, 133. Entre 1785 e 1786, ambas foron estudantes dun internado en Reading, a Reading Abbey Girls' School, gobernada por Mrs La Tournelle, que tiña unha perna de cortiza e era unha apaixonada do teatro.Todd (2015), 3 O lugar puido inspirar a Jane para describir o internado da señora Goddard que aparece na novela Emma. O currículo escolar incluía probablemente algo de francés, ortografía, costura, baile e música e, quizais, arte dramática. As irmás volveron a casa antes de decembro de 1786 porque as taxas escolares das dúas nenas eran demasiado altas para a familia Austen.Tomalin (1997), 9-10, 26, 33-38, 42-43; Le Faye (2004), 52; Collins (1994), 133-134 A educación que Austen recibiu alí foi a única que tivo fóra da familia. Por outra banda, o reverendo Austen tiña unha gran biblioteca e, segundo o seu propio relato nas súas cartas, tanto ela como a súa familia eran "lectores ávidos de novela e non se avergoñaban diso". Aparentemente, Austen tiña acceso libre ás bibliotecas do seu pai e á dun amigo da familia, Warren Hastings. Así como leu novelas de Fielding e Richardson, tamén leu a Frances Burney. O título de Orgullo e prexuízo, por exemplo, foi extraído dunha frase deste autor, na novela Cecilia. O seu pai tamén era tolerante coa súa experimentación na escritura ás veces arriscada por parte de Austen e proporcionaba ás dúas irmás papel caro e outros materiais para escribir e debuxar.Honan (1987), 66-68; Collins (1994), 43

Entre 1782 e 1784, os Austen fixeron representacións teatrais na casa reitoral de Steventon, que entre 1787-1788 foron elaboradas grazas á colaboración da súa curmá, Eliza de Feuillide, á que dedicou Love and Friendship.Le Faye (2014), xvi–xvii; Tucker (1986), 1–2; Byrne (2002), 1–39; Gay (2002), ix, 1; Tomalin (1997), 31–32, 40–42, 55–57, 62–63; Honan (1987), 35, 47–52, 423–424, n. 20. A maioría das obras eran comedias, o que suxire que os dotes satíricos de Austen xa estaba a ser cultivados.Honan (1987), 53–54; Lascelles (1966), 106–107; Litz (1965), 14–17.

Desde os once anos de idade, e quizais antes, Austen escribiu poemas e historias para o seu propio divertimento e para a súa familia.Le Faye (2004), 66; Litz (1986), 48; Honan (1987), 61-62, 70; Lascelles (1966), 4; Todd (2015), 4 Nestes traballos, os detalles da vida cotiá son esaxerados, paródianse os dispositivos argumentais comúns e as "historias están cheas de fantasías anárquicas de poder feminino, comportamento ilícito e bo humor xeral", segundo Janet Todd.Todd (2015), 4-5 Coas obras escritas entre 1787 e 1793, Austen compilou tres cadernos de notas, agora chamados Juvenilia. Entre 1795 e 1799 comezou a escribir as primeiras versións das novelas que se publicaron baixo os títulos de Sense and Sensibility, Orgullo e prexuízo e Northanger Abbey (antes Elinor and Marianne, First Impressions e Susan, respectivamente). Probablemente tamén escribiu nese momento Lady Susan. En 1797, o seu pai quería publicar Orgullo e prexuízo, mais o editor negouse.

Non hai probas de que Jane fose cortexada por ninguén malia un breve amor xuvenil con Thomas Lefroy (parente irlandés dun amigo de Austen), aos 20 anos. En xaneiro do ano seguinte, 1796, escribiu á súa irmá dicindo que todo rematara, xa que non podía casar por motivos económicos. Pouco despois, a tía de Lefroy intentou achegar a Jane ao reverendo Samuel Blackall, pero non lle interesou.

En 1800, o seu pai decidiu mudarse a Bath, unha cidade que Jane non apreciaba moito. Naquela época, a familia adoitaba ir á costa todos os veráns e foi nunha destas viaxes cando Jane coñeceu un home que se namorou dela. Cando marchou, decidiron volver a verse, mais morreu. Este feito non aparece en ningunha das súas cartas, aínda que foi escrito moitos anos despois e non se sabe canto puido afectar a Austen a relación. Hai quen a considera unha inspiración para Persuasión.

En decembro de 1802, estando Jane e Cassandra coa familia Bigg preto de Steventon, Harris Bigg-Wither propúxolle matrimonio a Jane e ela aceptou. Probablemente rompeu o compromiso o día seguinteLe Faye (2014), xxi; Fergus (2005), 7–8; Tomalin (1997), 178–181; Honan (1987), 189–198. e marchou con Cassandra a Bath. Cassandra comprometeuse con Thomas Fowle, que morreu de febre amarela no Caribe en 1797. Thomas Fowle non podía permitirse o luxo de casar e o compromiso pospúñase dende 1794; fora ao Caribe como militar, só para gañar cartos. Nin Jane nin Cassandra Austen casaron.

En 1803, Jane Austen conseguiu vender a súa novela Northanger Abbey (daquela titulada Susan) á editorial Crosby & Company por 10 libras esterlinas,Irvine, 2005 3. aínda que o libro só se publicou catorce anos despois. É posible que nesa ocasión comezase a escribir The Watsons, abandonando pronto a idea.

En xaneiro de 1805, o seu pai morreu, deixando a súa muller e as súas fillas nunha situación economicamente precaria, e pasaron a depender dos seus irmáns e da pequena cantidade que herdara Cassandra do seu prometido.Honan (1987), 213–214.

En 1806, as Austen mudáronse a Southampton, preto do porto deportivo de Portsmouth, o que lles permitiu visitar frecuentemente os seus irmáns Frank e Charles,Tomalin (1997), 194–206. que servían na mariña, chegando a ser almirantes.

En 1809 mudáronse a Chawton, preto de Alton e Winchester, onde o seu irmán Edward podía aloxalos nunha pequena casa nunha das súas propiedades. Esta casa tiña a vantaxe de estar en Hampshire, o mesmo condado da súa infancia.

Carreira literaria