O cabo SilleiroSegundo o mapa provincial de Francisco Coello e Pascual Madoz de 1856: Cabo Silleiro ó de Cela. Véxase o recadro "Castillo, puerto y villa de Bayona"., é un cabo situado no suroeste de Galicia, na parroquia de Baredo (Baiona), que pecha a ría de Vigo polo sur, marcando o inicio das Rías Baixas cara ao norte. É o punto máis ó norte da costa de Baredo a Camposancos.

miniatura|Faro de cabo Silleiro. Faro

Nas inmediacións hai dous fartos: O Faro Vello de cabo Silleiro, construído en 1866 e hoxe rehabilitado como cafetaría, e mais o Faro de cabo Silleiro, construído en 1924, que ten unha altura de 9 metros sobre o chan e 85 sobre o nivel do mar, cun alcance de 30 millas.Autoridade Portuaria de Vigo . miniatura|Canón dunha das catro pezas de artillaría Vickers. Instalacións militares

Na década de 1940 construíuse na zona, a batería de artillaría costeira J4, con 200 metros de galerías subterráneas conectando catro pezas de artillaría Vickers modelo 1923 de 152,4/50mm de 1943, fabricados pola Sociedad Española de Construcción Naval en Reinosa, co obxectivo de protexer o porto de Vigo e a entrada á vila de Baiona.

A base foi abandonada durante os anos noventa. En 1998 retirouse o perímetro de seguridade. As intalacións pertenceron ao Ministerio de Defensa de España ata o ano 2021, cando, tras trinta anos de negociacións, as mercou o Concello de Baiona por 370.000 €.

Costa miniatura|Mapa de 1856. No recadro "Castillo, puerto y villa de Bayona" figura Cabo Silleiro ó de Cela. Na súa costa hai moitos relevos: Illas: A Carral, A Negra e A Polbeira. Enseadas: Fornos, O Baleal, A Cova de Baredo (Os Loureiros), Pedra Alta e Tío Andrés. Puntas: O Peso, Niño do Corvo, Os Mouróns (Petóns de Fornos), Serreira e O Monete. Marcas e demais: O Lobo, O Lobiño, A Aguieira e O Cunchido.

Naufraxios Nas augas de cabo Silleiro afundiron dous barcos: o ABC e o Collingham (chamado polos baioneses O Cunichán).

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

, Fernando Javier e , Manuel. Los Faros de Cabo Silleiro: luces del sur de la Ría de Vigo, Instituto de Estudios Vigueses, Fundación Provigo, 2004.

, Roberto e , Xosé Lois: «Toponimia marítima e fluvial desde o Miño a Panxón: "Fillo de fías ao pe de cabo de vicos, mar de prajetas" e outros mil catrocentos hidrónimos» pp. 43–56 en Ardentia n.º 3, ISSN 1699-3128. Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial. Xuño de 2006.

Outros artigos Península de Monterreal Ligazóns externas ORDEN 173/1998, por la que se suprimen diversas zonas de seguridad de instalaciones militares... BOE .

Silleiro Categoría:Xeografía de Baiona Categoría:Cabos ao Océano Atlántico