"Pop Is Dead" é o terceiro sinxelo editado pola banda inglesa de rock alternativo Radiohead. Trátase do seu primeiro sinxelo que non apareceu en ningún álbum, e o último ata o lanzamento en 2009 de "Harry Patch (In Memory Of)".

Editado só un meses despois do seu sinxelo de estrea "Creep" e o seu primeiro álbum Pablo Honey, o tema foi un éxito antes de que "Creep" comezara o seu lento ascenso nas listas de todo o mundo. "Pop Is Dead" acadou o número 42 nas listas británicas en maio de 1993.

A canción estivo acompañada por un vídeo que a banda rodou no túmulo alongado neolítico de Wayland's Smithy en Oxfordshire.

Listaxe de cancións "Pop Is Dead" "Banana Co. (Acoustic)" "Creep (Live)" "Ripcord (Live)"

Categoría:Sinxelos de 1993 Categoría:Cancións de Radiohead