A batalla de Ourique (en ) tivo lugar o 25 de xullo de 1139 probablemente en Ourique, no Baixo Alentexo portugués e nela combateron os exércitos do príncipe Afonso Henriques e os exércitos almorábides de Alí ibn Yusuf. A vitoria dos primeiros foi decisiva para a consolidación do condado de Portugal como reino e a conversión de Afonso Henriques no rei Afonso I de Portugal. De feito, o escudo portugués leva cinco pequenos escudos en forma de cruz que representan os cinco reis mouros vencidos en Ourique.

Contexto Aproveitándose que o exército de Afonso Henriques estaba loitando contra Afonso VII na batalla de Valdevez, as forzas musulmás atacaran e destruíron Leiria e Trancoso. A ansiedade de Afonso Henriques por esta incursión na súa fronteira sur acelerou as súas negociacións con Afonso VII, levando ao tratado de Zamora e liberando as tropas de Afonso Henriques para facer fronte ao ataque musulmán.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

.

Categoría:Batallas do século XII Categoría:1139 Categoría:Historia medieval de Portugal Categoría:Batallas do Condado de Portucale