Rodrigo Mendes Silva Lusitano, nado en Celorico da Beira en 1606 e finado en Venecia en 1670, foi un historiador, xenealoxista, xeógrafo e escritor portugués que viviu na Coroa de Castela no século XVII.

Traxectoria Foi cronista xeral e membro do Supremo Consello de Castela, traballou para reis como Filipe III e Filipe IV. Mantivo tamén amizade con outros grandes autores da época, especialmente casteláns e andaluces como Tirso de Molina, Garcilaso de la Vega, ou Calderón de la Barca.

Entre as súas obras máis coñecidas destaca a súa Poblacion general de Espana (1644).

Categoría:Historiadores de Portugal Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nados en 1606 Categoría:Finados en 1670 Categoría:Nados no distrito da Guarda Categoría:Xenealoxistas