Peter Michael Falk, nado o 16 de setembro de 1927 en Nova York e finado o 23 de xuño de 2011 en Beverly Hills (California), foi un actor estadounidense coñecido polo papel do tenente Colombo na serie de televisión Colombo.

Traxectoria Falk apareceu en numerosos filmes e como actor convidado en series de televisión. Foi candidato dúas veces aos Óscar, a primeira polo filme Murder, Inc. (1960) e a segunda por Pocketful of Miracles (1961). Tamén gañou cinco Emmy, un polo telefilme The Price of Tomatoes (1962) e catro por Colombo, recibindo unha vez tamén o Globo de Ouro.

Na intersección das rúas Falk Miksa utca e Szent István korut da capital húngara, Budapest, Falk conta cunha estatua, lembrando deste modo a súa ascendencia húngara.

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial Ficha na IMDb

Categoría:Actores de Nova York Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1927 Categoría:Finados en 2011 Categoría:Finados por alzhéimer