Waziristan (paxto e urdú: وزیرستان, "terra dos Wazir") é unha rexión montañosa do noroeste de Paquistán, limítrofe con Afganistán e cunha superficie de 11.585 km². É parte das Áreas Tribais Administradas Federalmente e considérase fóra das catro provincias do país.

Historia e características Waziristán comprende a área oeste e suroeste de Peshawar entre o río Tochi ao norte e o río Gomal ao sur. A rexión foi un territorio tribal independente ata 1893, permanecendo fóra do Imperio Británico. As incursións tribais no territorio controlado polos británicos foi un problema constante para estes, provocando frecuentes expedicións punitivas entre 1860 e 1945. A rexión incorporouse a Paquistán en 1947.

Administrativamente, Waziristán divídese en dúas "axencias", Waziristán do Norte e Waziristán do Sur, con poboacións estimadas (en 1998) de 361.246 e 429.841 respectivamente. As dúas partes teñen características moi diferentes, aínda que ámbalas dúas tribos son subgrupo da tribo Wazir e falan unha linguaxe común, o wazirí. Teñen reputación de guerreiros formidables,"Un poderoso xefe tribal advertiu aos militantes vencellados a al-Qaeda que abandonasen o distrito fronteirizo paquistaní logo da morte de oito membros do seu clan que apoiaban os esforzos de paz na rexión, Maulavi Nazir, que expulsaron a centos de guerreiros uzbekos nunha sanguenta batalla o pasado ano, dixo que os seus seguidores armados atacarían aos leais á facción de al-Qaeda en Waziristán do Sur. Mr Nazir, quen representa á influente tribo Wazir, culpou a Baitullah Mehsud..." (Australian News Network), 8 de xaneiro de 2008 (on-line ) e son coñecidos polas súas frecuentes inimizades familiares.

As tribos Wazir divídense en subtribos gobernadas polos homes máis vellos da vila que se reúnen nunha jirga tribal. Social e relixiosamente, Waziristán é unha área extremadamente conservadora. As mulleres son gardadas coidadosamente, e cada familia debe estar liderada por unha figura masculina. A cohesión tribal mantense por medio dos chamados Actos de Responsabilidade Colectiva da Regulación de Delitos da Fronteira.Collective Responsibility Acts in the Frontier Crimes Regulation.

A presenza talibán na área foi un asunto de interese internacional, en particular desde a invasión estadounidense de Afganistán en 2001.

Notas

Categoría:Xeografía de Paquistán