Agón (grego clásico ἀγών) é unha palabra do grego antigo que ten varios significados: Por unha banda, referíase a un concurso ou competición, especialmente os Xogos Olímpicos (), ou un desafío relacionado con festas relixiosas.TRAPIDO, Joel (1949): The Language of the Theatre: I. The Greeks and Romans. Educational Theatre Journal. Vol. 1, Núm. 1 (outubro, 1949), páx. 18–26. DOI:10.2307/3204106. Consultado o 3 de xaneiro de 2011 (en inglés).Key Terms for the Context and Performance of Greek Tragedy . Consultado o 3 de xaneiro de 2011 (en inglés). Nun sentido amplo de enfrontamento ou competición, agón referíase a unha competición de atletismo, música, literatura, carreiras de cabalos ou de bigas nun festival público da Grecia antiga. Agón tamén era unha personificación mitolóxica das devanditas competicións.SCHMITZ, Leonhard (1867): "Agon" , in SMITH, William: Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Boston: Little, Brown and Company. Vol. 1, páx. 74. Consultado o 3 de xaneiro de 2011 (en inglés). Este deus estaba representado nunha estatua en Olimpia con halteres (ἁλτῆρες) nas mans. Esa estatua era obra do escultor Dionisio de Argos, e fora encargada por Smicythus de Rhegium.PAUSANIAS: The description of Greece, capítulo 26, páx. 79. Consultado o 3 de xaneiro de 2011 (en inglés). No teatro da Grecia antiga, particularmente na comedia antiga (século V a. C.), agón refírese á convención formal pola que o conflito entre os personaxes debe fornecer a base da acción. Agón é un debate formal que manteñen os personaxes principais dunha obra de teatro grega, protagonista e antagonista, a miúdo co coro actuando como xuíz. O personaxe que fala de segundo sempre gaña o agón, xa que a última palabra sempre é súa. O significado do termo chegou a sobardar os límites da súa orixe clásica para designar, de xeito máis xenérico, o conflito en que se basea unha obra literaria. Harold Bloom na súa obra The Western Canon (O canon occidental) usa o termo agón para se referir ás ocasións en que un escritor tenta resolver un conflito intelectual entre as súas ideas e as dun predecesor influente, co resultado de que "o peixe grande come ao pequeno", como no capítulo 18: "Joyce's Agon with Shakespeare". AGOn é tamén a abreviatura habitual da Asociación Galega de Onomástica, onde colaboran por exemplo Xosé María Lema Suárez, Elixio Rivas Quintas ou Gonzalo Navaza Blanco. En galego hai diversas palabras derivadas de agón, como agonía, protagonista, antagonista etc.
Notas
Categoría:Teatro da Grecia antiga Categoría:Literatura da Grecia antiga Categoría:Literatura en lingua grega Categoría:Mitoloxía grega Categoría:Xogos Olímpicos