TV3CAT é a canle internacional 24 horas e en aberto de Televisió de Catalunya, a emisora pública de Cataluña. A canle transmite o sinal a todo o continente europeo mediante o satélite Hispasat e o satélite Astra e en continente americano mediante o satélite Hispasat no seu feixe suramericana e en Baleares a través da TDT.

Esta canle ten como obxectivo achegar a televisión e cultura catalás, aos cataláns de fóra da comunidade, tanto en España como en Europa e América, así como ao resto de cidadáns destas zonas, ademais de ser a canle escollida para a reciprocidade entre Cataluña e Baleares e proximamente a Comunidade Valenciana para a TDT destas zonas.

A súa programación baséase principalmente en contidos de produción propia das canles de Televisió de Catalunya.

O 1 de maio de 2012 cesou as súas emisións por satélite, e potenciou as emisións da canle por Internet e a través das redes de televisión por cable e ADSL en España.

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web de TV3CAT

Categoría:Televisió de Catalunya Categoría:Cadeas de televisión de Cataluña Categoría:Cadeas de televisión das Illas Baleares Categoría:Canles de televisión en lingua catalá