Álvaro Negro Romero, nado en Lalín en 1973, é un artista plástico galego.
Traxectoria É licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo e mestrado en Belas Artes no Central Saint Martins College of Art & Design (London Institute). Deuse a coñecer en 1999 coas súas primeiras exposicións individuais na Galería Rayuela de Madrid e na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela. A súa obra móvese dende os desenvolvementos máis contemporáneos da pintura, ata a fotografía ou o vídeo. Ten obras nas coleccións do Centro Galego de Arte Contemporánea, Afundación, Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa e Museo de Arte Contemporánea de Vigo.
É irmán do escritor Carlos Negro.
Véxase tamén Outros artigos Facultade de Belas Artes de Pontevedra
Ligazóns externas Páxina web de Álvaro Negro
20px Pintores de Galicia (2013). TVG.
Categoría:Pintores de Galicia do século XXI Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1973 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes