A tempada 2011 do Super Rugby foi a 16ª edición deste torneo entre franquías de rugby do Hemisferio Sur. A tempada regular comezou o 18 de febreiro, e rematou o 18 de xuño tras 18 xornadas. Despois xogáronse 2 cuartos de final, as semifinais, e a final o día 9 de xullo.

Formato Esta foi a primeira tempada na que o número de equipos foi 15, trala chegada ó campionato dos Melbourne Rebels australianos. Xa que o número de equipos australianos pasou a ser de 5, igual que o número de equipos neozelandeses e surafricanos, o formato da competición cambiou, pasando de haber unha táboa única de 14 equipos no ano 2010, a haber 3 "conferencias" de 5 equipos. En cada unha das "conferencias" estiveron xuntos o 5 equipos do mesmo país, de xeito que o nome das "conferencias" foron Conferencia Australiana, Conferencia Neozelandesa e Conferencia Surafricana. Ó remate da tempada regular, o primeiro de cada "conferencia" estivo clasificado para disputar os Play-Offs, así como os 3 seguintes mellores equipos en global, foran da "conferencia" que foran.

Terremoto en Nova Zelandia O 22 de febreiro de 2011, acabada de comezar a tempada, un terremoto de 6'3 graos na escala Richter con epicentro a 10 quilómetros de Christchurch (na Illa Sur de Nova Zelandia), causou polo menos 145 mortosLas víctimas mortales del terremoto de Nueva Zelanda ascienden a 145, artigo de ABC.es do 28 de febreiro de 2011. e danou o estadio dos Crusaders, facendo que o equipo suspendese o seu encontro desa semana, e de aí en diante tivese que xogar os seus encontros como local na localidade de Nelson, ó norte da illa.

O 29 de marzo se xogou por primeira vez en Europa un encontro do torneo Super Rugby cando os Crusaders e os Sharks se enfrontaron no estadio londiniense de Twickenham con motivo de axudar economicamente ó club e ás vítimas do sismo.El rugby ofensivo de los Crusaders enamora Inglaterra, artigo de Marca do 29 de marzo do 2011.

Clasificacións da Tempada Regular Cando a un equipo lle tocou descansar nunha xornada, na táboa se lle sumou un partido descansado, que se traduciu en 4 puntos. Ó remate da tempada regular tódolos equipos descansaron a mesma cantidade de xornadas. Conferencia Neozelandesa EquiposXogadosGañadosEmpatesPerdidosDescansadosPts A ProlPts ContraDif. PtsBonus +Bonus -PUNTOS 1 Crusaders 18 11 1 4 2 436 273 +163 5 2 61 2 Blues 18 10 1 5 2 405 335 +70 6 4 60 3 Highlanders 18 8 0 8 2 296 343 -47 2 3 45 4 Hurricanes 18 5 2 9 2 328 398 -70 5 5 42 5 Chiefs 18 6 1 9 2 332 348 -16 2 4 40

Conferencia Surafricana EquiposXogadosGañadosEmpatesPerdidosDescansadosPts A ProlPts ContraDif. PtsBonus +Bonus -PUNTOS 1 Stormers 18 12 0 4 2 400 257 +143 4 3 63 2 Sharks 18 10 1 5 2 407 339 +68 6 1 57 3 Bulls 18 10 0 6 2 416 370 +46 3 3 54 4 Cheetahs 18 5 0 11 2 435 437 -2 5 7 40 5 Lions 18 3 1 12 2 351 477 -126 2 5 29

Conferencia Australiana EquiposXogadosGañadosEmpatesPerdidosDescansadosPts A ProlPts ContraDif. PtsBonus +Bonus -PUNTOS 1 Reds 18 13 0 3 2 429 309 +120 5 1 66 2 Waratahs 18 10 0 6 2 398 252 +146 6 3 57 3 Force 18 5 2 9 2 333 416 -83 0 5 37 4 Brumbies 18 4 1 11 2 314 437 -123 3 4 33 5 Rebels 18 3 0 13 2 281 570 -289 2 2 24

Play Offs Para determinar os equipos que disputaron a fase final do campionato, botóuselle unha ollada á clasificación xeral por puntos, e ademais de estar clasificados os primeiros de cada conferencia, pasaron os outros 3 equipos que máis puntos tiñan. + Significado das cores     Os primeiros de cadansúa conferencia se clasificaron para os Play Offs.     Os 3 seguintes equipos na clasificación xeral tamén estiveron nos Play Offs.

EquiposXog.Gañ.Emp.Per.Des.PFPCDif.Bonus+Bonus-PUNTOS 1 Reds 18 13 0 3 2 429 309 +120 5 1 66 2 Stormers 18 12 0 4 2 400 257 +143 4 3 63 3 Crusaders 18 11 1 4 2 436 273 +163 5 2 61 4 Blues 18 10 1 5 2 405 335 +70 6 4 60 5 Waratahs 18 10 0 6 2 398 252 +146 6 3 57 6 Sharks 18 10 1 5 2 407 339 +68 6 1 57 7 Bulls 18 10 0 6 2 416 370 +46 3 3 54 8 Highlanders 18 8 0 8 2 296 343 -47 2 3 45 9 Hurricanes 18 5 2 9 2 328 398 -70 5 5 42 10 Chiefs 18 6 1 9 2 332 348 -16 2 4 40 11 Cheetahs 18 5 0 11 2 435 437 -2 5 7 40 12 Force 18 5 2 9 2 333 416 -83 0 5 37 13 Brumbies 18 4 1 11 2 314 437 -123 3 4 33 14 Lions 18 3 1 12 2 351 477 -126 2 5 29 15 Rebels 18 3 0 13 2 281 570 -289 2 2 24 Enfrontamentos

Notas

Véxase tamén Outros artigos Super Rugby Ligazóns externas Web oficial do torneo

Categoría:Rugby en 2011 2011