A Rexión de Bruxelas-Capital (francés: Région de Bruxelles-Capitale, neerlandés: Brussels Hoofdstedelijk Gewest) ou ben Rexión de Bruxelas (francés: Région Bruxelloise, neerlandés: Brusselse Gewest) é unha rexión de Bélxica que abrangue 19 concellos, entre os que se inclúe a propia cidade de Bruxelas, que é a capital do país. A Rexión de Bruxelas-Capital atópase no centro do país e forma parte das dúas comunidades lingüísticas de Bélxica, a francesa e a flamenga, mais está separada de Flandres (na que forma un enclave) e de Valonia.
A de Bruxelas é a rexión máis densamente poboada de Bélxica, e aínda que ten o maior PIB per cápita, tamén ten a menor renda dispoñible por fogar. A rexión de Bruxelas abrangue 162 km², unha área relativamente pequena comparada coas outras dúas rexións do país, e ten unha poboación de 1,2 millóns de habitantes. A área metropolitana de Bruxelas é cinco veces maior e ten unha poboación de arredor de 2,5 millóns, sendo a meirande de Bélxica. Poboación de todos os concellos de Bélxica o 1 de xaneiro de 2008. Consultado o 18 de outubro de 2008. As definicións das áreas metropolitanas en Bélxica. A área metropolitana de Bruxelas está dividida en tres niveis. O primeiro é a aglomeración central (geoperationaliseerde agglomeratie) con 1 451 047 habitantes (1 de xaneiro de 2008, axustado aos límites municipais). A ela adhírense os arredores (barrios, banlieue ou buitenwijken) que dá un total de 1 831 496. E, por último, atópase a zona de proximidade (forensenwoonzone) cunha poboación total de 2 676 701 habitantes. Tamén forma parte dunha conurbación que se estende cara ás cidades de Gante, Anveres e Lovaina, así como a provincia do Brabante Valón, que é fogar de máis de 5 millóns de persoas.
Historicamente foi unha rexión de fala flamenga, Bruxelas sufriu un proceso cambio lingüístico ao francés a partir de finais do século XIX. Hoxe en día, a rexión de Bruxelas-Capital é oficialmente bilingüe en francés e flamengo. Aínda que o francés é a lingua franca con arredor dun 90% dos habitantes quen de falar a lingua, Bruxelas tamén é cada vez máis multilingüe. O inglés é falado como segunda lingua por case un terzo da poboación e moitos emigrantes e expatriados tamén falan outras linguas.O'Donnell, Paul; Toebosch, AnneMarie. Multilingualism in Brussels: "I'd Rather Speak English". Journal of Multilingual and Multicultural Development, 2008, v. 29 n. 2 p. 154-169.
Historia Bruxelas naceu como un pequeno asentamento rural á beira do río Senne e pasou a converterse nunha importante cidade-rexión de Europa. Desde o final da segunda guerra mundial, foi un importante centro da política internacional e alberga numerosas organizacións internacionais, políticos, diplomáticos e funcionarios europeos. Bruxelas é de facto a capital da Unión Europea e acolle moitas das principais Institucións da Unión Europea, incluíndo a Comisión Europea, o Consello Europeo e Parlamento Europeo (aínda que o poder xudicial se atopa na cidade de Luxemburgo e o Parlamento tamén se reúne en Estrasburgo). Por mor disto, o seu nome úsase acotío para referirse á Unión Europea e ás súas institucións. A secretaría do Benelux e a sede da OTAN tamén están situadas en Bruxelas.
O 18 de xuño de 1989, por primeira vez, os bruxeleses elixen directamente aos seus representantes rexionais. Bruxelas-Capital constitúe dende entón unha Rexión autónoma, comparable ás Rexións de Flandres e a Rexión Valoa.
Concellos A Rexión componse de 19 concellos (communes): Bruxelas, que se atopa no centro, e ao seu ao redor os 18 restantes. Os 19 municipios son: Nome francés Nome flamengo 15px Anderlecht Anderlecht 15px Auderghem Oudergem 15px Berchem-Sainte-Agathe Sint-Agatha-Berchem 15px Bruxelles-Ville Stad Brussel 15px Etterbeek Etterbeek 15px Evere Evere 15px Forest Vorst 15px Ganshoren Ganshoren 15px Ixelles Elsene 15px Jette Jette 15px Koekelberg Koekelberg 15px Molenbeek-Saint-Jean Sint-Jans-Molenbeek 15px Saint-Gilles Sint-Gillis 15px Saint-Josse-ten-Noode Sint-Joost-ten-Node 15px Schaerbeek Schaarbeek 15px Uccle Ukkel 15px Watermael-Boitsfort Watermaal-Bosvoorde 15px Woluwe-Saint-Lambert Sint-Lambrechts-Woluwe 15px Woluwe-Saint-Pierre Sint-Pieters-Woluwe
Demografía miniatura|esquerda|Densidade de poboación de Europa. Bruxelas atópase entre grandes aglomeracións urbanas. Bruxelas atópase nunha das zonas máis urbanizadas de Europa, entre París, Londres, a rexión alemá de Rin-Ruhr e o Randstad (Países Baixos). A Rexión de Bruxelas-Capital ten unha poboación de arredor de 1,2 millóns de habitantes, e tivo un aumento considerable de poboación nos últimos anos. En xeral, a poboación de Bruxelas é máis nova que a media nacional, e ten unha fenda de desigualdade maior.
1 de xullo de 20041 de xullo de 20051 de xullo de 20061 de xaneiro de 20081 de xaneiro de 20151 de xaneiro de 20191 de xaneiro de 2020Poboación total da Rexión de Bruxelas-Capital1 004 2391 012 2581 024 4921 048 4911 181 2721 208 5421 218 255Nº de inmigrantes en situación regularizada262 943268 009277 682295 043385 381450 000?
Situación lingüística miniatura|dereita|Linguas faladas no fogar na Rexión de Bruxelas-Capital (2013) A rexión de Bruxelas-Capital distínguese das outras dúas polo seu bilingüismo oficial: o francés e o neerlandés son de uso obrigado en todos os servizos públicos (administracións, hospitais, policía...). De facto, o francés é amplamente maioritario na poboación (95,55%), debido tanto á aprendizaxe na escola como ao fluxo migratorio dende países francófonos.O uso das linguas en Bruxelas e a situación do neerlandés (Revista Brussels studies. nº 13, 7 de xaneiro de 2008)
De acordo coa lingua materna dos habitantes, a distribución é a seguinte: Francés: 51,6% Neerlandés: 9,5 % Bilingüe francés/neerlandés: 9,9% Bilingüe francés/outro idioma: 9,3% Outros idiomas: 19,7%
A distribución de linguas correctamente faladas na práctica pola poboación sería a seguinte: 95,55% da poboación fala francés. 35,40% da poboación fala inglés. 28,23% da poboación fala neerlandés. 7,39% da poboación fala español. 6,36% da poboación fala árabe. 5,72% da poboación fala italiano. 5,56% da poboación fala alemán.
325px|dereita Historicamente Bruxelas é unha cidade flamenga na que o idioma popular era o neerlandés, mais no século XIX do mesmo xeito que en practicamente toda Europa, a nobreza e a alta burguesía falaba francés. Cando Bélxica se independiza, as clases dirixentes escollen o francés como lingua oficial do país, xa que o tiña coma un idioma máis culto e avanzado. Esta decisión ocasionaría posteriormente un conflito lingüístico aínda pendente de resolver.
En Bruxelas, onde se establece a corte, toda a burguesía convértese en francófona e tamén gran parte da poboación aprende o francés para mellorar as súas probabilidades de promoción. Posteriormente Bélxica recoñece como oficial o idioma neerlandés e tras marcar unha fronteira lingüística, Bruxelas como capital tanto de Bélxica como de Flandres é declarada oficialmente bilingüe, aínda que de facto o francés continuará sendo maioritario.
Clima A rexión de Bruxelas ten un clima oceánico (Clasificación climática de Köppen: Cfb) con veráns temperados e invernos fríos. A súa proximidade a zonas costeiras influencia o seu clima ao recibir masas de aire mariño dende o océano Atlántico. As zonas húmidas próximas tamén aseguran un clima marítimo temperado. De media (con base nas medicións do período 1981–2010), hai aproximadamente 135 días de choiva ao ano na rexión de Bruxelas-Capital. As nevaradas son pouco frecuentes, cunha media de 24 días ao ano. A cidade tamén adoita experimentar violentas tormentas nos meses de verán.
Cidades irmandadas Varias cidades están irmandadas coa Rexión de Bruxelas-Capital: Atlanta Pequín Berlín Kíiv Liubliana Praga Washington, D.C.
Notas
Referencias
Véxase tamén
Ligazóns externas Oficiais Sitio da rexión Páxina de Bruxelas no sitio da Oficina de Promoción Turística de Valonia e Bruxelas Non oficiais Mapa Interactivo da Rexión de Bruxelas-Capital
Categoría:Bruxelas-Capital Categoría:Rexións de Bélxica