Sotres é un lugar e parroquia do concello español de Cabrales, en Asturias. Ten unha superficie de 38,1 km² e unha poboación de 109 persoas (INE 2023). Está situado a unha altitude de 1.050 m.

Situación O lugar de Sotres atópase encravado nun val a uns 19 km de Carreña, a capital do concello. Indo pola estrada CA-1, a un quilómetro aproximadamente do mesmo, atópanse os Invernales del Texu e os Invernales del Cabao, un grupo dunhas 15 edificacións cada un, principalmente para o gando. Desde estes lugares pódese acceder a múltiples cimas, coma o Pico Urriellu (2.519 m.). Está considerada unha das vilas máis altas de Asturias, situado a 1050 m sobre o nivel do mar.

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial do concello

Categoría:Parroquias de Cabrales