Casimiro Torres Rodríguez, nado en Santa Cruz de los Cuérragos (Manzanal de Arriba, provincia de Zamora) o 10 de agosto de 1900 e finado en Santiago de Compostela o 3 de maio de 1989, foi un relixioso, historiador e bibliotecario español.

Traxectoria Licenciado en Dereito Canónico, foi sacerdote da Igrexa católica. Ademais licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse na Universidade de Madrid en 1944 coa tese Magno Clemente Máximo, dirixida por Santiago Montero Díaz. Foi profesor de Historia Antiga e Media Universal na Universidade Compostelá, membro do Corpo facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos e director da Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela.

Ingresou como membro numerario da Real Academia Galega o 4 de marzo de 1979 co discurso O malfadado D. García: Rei de Galicia, respondido por Xosé Filgueira Valverde. As súas investigacións centráronse en pór de relevancia a personalidade de Galicia no Imperio Romano, a entidade histórica sobranceira do Reino Suevo e a Alta Idade Media de Galicia.

Obra Libros Egeria, monxa galega (Buenos Aires, 1976) La Galicia sueva (A Coruña, 1982) La Galicia romana (A Coruña, 1982)

Artigos "Los siete libros de la historia de Paulo Orosio" (CEG IX, 1949) "Los límites de Galicia en los siglos IV e V" (CEG, 1949) "Prisciliano, doctor itinerante" (CEG XXVII, 1953) "La conquista romana de Galicia" (Boletín de la Universidad de Santiago, 1954) "El culto al Emperador en Galicia" (CEG XXII, 1952) "Situación jurídica de los suevos en Galicia antes de la caída del Imperio Romano de Occidente" (CEG, 1956) "El Cronicón de Hidacio" (Compostellanum, 1956) "Arca Marmórea" (Compostellanum, 1957) "Peregrinos de Oriente a Galicia en el siglo V" (CEG XXXVII, 1957) "El maestro Pedro Compostelano, un compostelano olvidado" (CEG XXIX, 1975)

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Nados en 1900 Categoría:Nados na provincia de Zamora Categoría:Finados en 1989 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela