Peter Lovesey, nado en Whitton o 10 de setembro de 1936 e finado o 10 de abril de 2025, foi un escritor inglés de novela policial.

Traxectoria Estudou en Reading e traballou como profesor para adultos, pero a partir de 1975 deixouno para se dedicar por completo á literatura. A súa primeira novela foi Wobble to Death en 1970, onde aparece por vez primeira o sarxento Cribb, detective vitoriano. Escribiu tamén unha serie de novelas protagonizadas polo detective Peter Diamond, que apareceu por vez primeira en The Last Detective(1991). As súas novelas traducíronse a 22 linguas e serviron de base a filmes e series de televisión.

Lovesey, Peter Lovesey, Peter Categoría:Nados en 1936 Categoría:Nados en Londres Categoría:Finados en 2025