Joaquín Urzáiz Cadaval, nado en Nigrán o 15 de setembro de 1887 e finado en Madrid o 11 de outubro de 1957, foi un funcionario, político e diplomático galego.
Traxectoria Fillo de Ángel Urzáiz Cuesta. Traballou como avogado do Estado. Nas eleccións de 1916 foi elixido deputado do Partido Liberal ao Congreso polo distrito de Huelva, e nas eleccións de 1918 polo distrito das Palmas. Na República militou no Partido Republicano Radical e foi nombrado subsecretario do Ministerio de Facenda no gabinete presidído por Alejandro Lerroux en outubro de 1934. Foi Ministro de Estado entre o 30 de decembro de 1935 e o 19 de febreiro de 1936 no goberno de Manuel Portela Valladares. Nas eleccións xerais de 1936 foi elixido deputado pola provincia de Huelva, desta volta polo Partido Republicano Progresista. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno veraneando en Donosti, onde permaneceu ata a chegada das tropas franquistas.
Véxase tamén Outros artigos Pazo de Cadaval
Ligazóns externas Ficha no arquivo do Congreso dos Deputados .
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Ministros da Segunda República Española Categoría:Nados en Nigrán Categoría:Nados en 1887 Categoría:Finados en 1957 Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Ministros de Asuntos Exteriores de España