O Metallurg Novokuznetsk (en ruso Металлург Новокузнецк) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo de Siberia con base na cidade de Novokuznetsk, óblast de Kemerovo (Rusia). Actualmente forma parte da División Chernyshev da Kontinental Hockey League (KHL), competición á que pertence dende a súa fundación no 2008.

Historia O club foi fundado en 1949. En 1960 conseguiu ascender por primeira vez á máxima categoría do Campionato da URSS, onde competiu durante seis tempadas ata o seu descenso. O equipo estivo entre a segunda e a terceira categoría do hóckey sobre xeo soviético ata o seu retorno á elite en 1992. No 2008 pasou a formar parte dunha nova competición, a KHL, na que ata a data non conseguiu bos resultados, quedando sempre entre os peores equipos da liga, sendo o seu mellor posto o 21º da súa primeira participación, empeorando a súa marca na segunda tempada ficando no último posto.

Palmarés 2 Vyschaïa Liga: 1960, 1966

Participacións na KHL Tempada PX V VP VPn D DP DPn GF GC Pts Clasificación Play-offs 2008-09 56 12 3 2 3 5 31 127 157 54 21º/24 Non se clasificou 2009-10 56 13 1 2 2 5 33 105 159 52 24º/24 Non se clasificou

<small> PX: Partidos xogados V: Vitorias VP: Vitorias na prórroga VPn: Vitorias nos penaltis D: Derrotas <small> DP: Derrotas na prórroga DPn: Derrotas nos penaltis Pts: Puntos GF: Goles a favor BC: Goles en contra 

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial do Metallurg Novokuznetsk

Metallurg Metallurg