Un xestor de comunidadeO propio artigo cita a Galipedia como fonte para responsábel de comunidade, pois así o reflectía en edicións anteriores ó 13 de marzo de 2018. (en inglés Community Manager), é a persoa que se encarga de crear, de xestionar e de dinamizar unha comunidade virtual en Internet, independentemente da plataforma ou das ferramentas dixitais empregadas, co obxectivo de conseguir que as persoas usuarias participen e interactúen entre elas. Esta figura aparece, nun principio, para coordinar e administrar os foros de Internet mais a súa importancia vai aumentar ao apareceren as redes sociais como Facebook, Tuenti ou Twitter.

No ámbito empresarial, o xestor de comunidade encárgase de xestionar as relacións dunha empresa coa súa clientela dentro do mundo dixital, grazas aos coñecementos das necesidades, das estratexias de organización e os intereses desta. Un xestor de comunidade ten de se perfilar como un estratego en comunicación en liña, con coñecementos de mercadotecnia, publicidade e relacións públicas con finalidade comercial.

O ou a xestora de comunidade ten de desenvolver unha estratexia capaz de construír relacións arredor dunha marca e manter interaccións persoais cos membros da marca que representa. A xestión do responsábel de comunidade céntrase en coñecer a necesidade das persoas usuarias e plasmala na comunidade. No caso de empresas, estas necesidades transmítense internamente para que o empresariado as valore e modifique en consecuencia no seu produto ou no seu servizo. O obxectivo final é conseguir que estas mudanzas incrementen a cohesión e a cantidade de persoas usuarias da rede así como a mellora da calidade do servizo.

O perfil dun ou dunha xestora de comunidade ten de contar con certas características para realizar o seu traballo. Son importantes capacidades sociais para fomentar a interacción entre os membros dunha comunidade e unha sólida experiencia tanto a nivel de usuario e como membro dun equipo web.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Manual de Instagram Que fai un Community Manager? (en castelán) Guía de Community Managers en Facebook (en castelán) Community Manager. En busca de un perfil (en castelán) 10 Tips For Aspiring Community Managers (en inglés)

Categoría:Internet Categoría:Mercadotecnia