Emma Hale Smith Bidamon, nada en Harmony Township (Pensilvania) o 10 de xullo de 1804 e finada en Nauvoo (Illinois) o 30 de abril de 1879, foi a esposa de Joseph Smith (Jr.) ata a morte deste en 1844, e unha das líderes nos comezos do movemento dos Santos dos Últimos Días. Foi nomeada en 1842 como a presidenta inaugural dunha organización de servizo composta por mulleres chamada nese entón Sociedade de Socorro de Mulleres de Nauvoo para daquela ser reorganizada en Utah como un dos fundamentos da Igrexa de Xesús Cristo dos Santos dos Últimos Días co nome Sociedade de Socorro.
Categoría:Mormonismo Categoría:Nados no condado de Susquehanna, Pensilvania Categoría:Nados en 1804 Categoría:Finados en 1879