Un partido político europeo (formalmente partido político a escala europea), é un tipo de organización política transnacional que opera a nivel da Unión Europea.

Características De acordo coa regulamentación que deles fai o Regulamento (CE) 2004/2003, do Parlamento Europeo e do Consello da Unión Europea Regulamento (CE) n° 2004/2003 do Parlamento Europeo e do Consello, de 4 de novembro de 2003, relativo ó estatuto e a financiamento dos partidos políticos a escala europea (DOUE L 297 de 15.11.2003)., pódese tratar de dúas formas de organización e participación política enteiramente distintas, a saber:

un partido político (stricto sensu), como asociación de cidadáns da Unión que persegue obxectivos políticos e que estea recoñecida como tal polo ordenamento xurídico de polo menos un Estado membro; unha coalición de partidos políticos, como cooperación estruturada, unidos en base á súa afinidade ideolóxica con fins políticos.

Partidos e organizacións

Partidos recoñecidos Os seguintes partidos políticos europeos están recoñecidos pola Unión Europea:

Partido Popular Europeo (PPE): partido cristián-demócrata e conservador, ao que pertencen, entre outros, o PP e a UDC españolas, a CDU alemá, a UMP francesa, a Forza Italia, a PO polonesa e o PSD portugués. No Parlamento Europeo pertencen ao grupo PPE-DE. Partido Socialista Europeo (PSE): consiste en partidos socialistas e socialdemócratas de toda Europa; entre eles, pertencen o PSOE español, o PSdeG galego, o PSC catalán, o SPD alemán, o PS francés, o Labour Party británico e o PS portugués. No Parlamento Europeo o PSE forma un grupo propio. Partido Europeo Liberal Demócrata Reformista (ELDR) é un partido liberal. Entre os seus membros contan o FDP alemán, os Lib Dems británicos e a CDC catalá. No Parlamento Europeo, o ELDR pertence ao grupo ALDE. Partido Verde Europeo (PVE) é un partido ambientalista que inclúe, entre outros, aos Verdes alemáns e franceses, ademais da ICV catalá. No Parlamento Europeo forman parte do grupo Verdes/ALE. Partido da Esquerda Europea (PIE) é unha alianza de partidos socialistas e poscomunistas. Inclúe, entre outros, a IU española, o Partido da Esquerda alemán, o PCF francés, o PRC italiano e o BE portugués. No Parlamento Europeo, pertence ao grupo GUE-NGL. Partido Demócrata Europeo (PDE, non deben ser confundidos cos Demócratas Europeos) é un partido pequeno de tendencia centrista, entre cuxos membros destacan o MoDem francés e o PNV vasco. Xunto a ELDR, forma o grupo ALDE no Parlamento Europeo. Alianza Libre Europea (ALE) é unha federación de partidos nacionalistas e rexionalistas que defenden unha maior descentralización política. Pertencen, entre outros, o SNP escocés, a ERC catalá, o BNG galego, a CHA aragonesa, a EA vasca ou o Partido Andalucista. No Parlamento Europeo uniuse aos Verdes, no grupo Verdes/ALE. Alianza pola Europa das Nacións (AEN) é unha coalición de partidos nacional-conservadores e maioritariamente euroescépticos. Entre os seus membros están, entre outros, o PiS polonés, a AN italiana e o RPF francés. Tamén o Fianna Fáil irlandés, que ten unha tendencia máis ben europeísta. No Parlamento Europeo, a AEN forma o grupo UEN. Alianza dos Demócratas Independentes en Europa (ADIE) é un partido pequeno, antieuropeo e de tendencia dereitista, que inclúe, entre outros, ao MPF francés e á Liga das Familias Polonesas. Forma parte do grupo IND/DEM. EUDemocrats (EUD) é outro partido euroescéptico de tendencia dereitista, que defende unha UE de estruturas só confederais. No Parlamento Europeo forman parte do grupo IND/DEM, aínda que o maior partido membro, o Samoobrona polaco, se uniu ao grupo UEN.

Partidos non recoñecidos Outras alianzas de partidos representadas no PE (non recoñecidas como partidos políticos europeos) son:

Movemento para a Reforma Europea (MRE) é unha confederación de partidos conservadores euroescépticos. Fundada en 2006 polo Partido Conservador británico e o ODS checo como sucesora dos Demócratas Europeos (DE). Na actualidade, estes forman parte do grupo PPE-DE, xunto ao PPE. Mais o MRE pretende formar un grupo independente despois das eleccións europeas de 2009. O CDS-PP portugués é membro dos DE, mais aínda non se aliou ao MRE. Alianza da Esquerda Verde Nórdica (NGLA, polas súas siglas en inglés) inclúe a cinco partidos esquerdistas de países escandinavos. Ten unha tendencia algo máis ecoloxista do que o PIE, co que forma o grupo conxunto GUE-NGL. Movemento Político Cristián Europeo (MPCE) é unha alianza de varios partidos pequenos cristiáns. Ten un eurodiputado (do partido neerlandés ChristenUnie), que se uniu ao grupo IND/DEM. Euronat (Euronat) é unha coalición de partidos ultradereitistas e posfascistas, entre os que destacan o FN francés e a Fiamma Tricolore italiana. No 2007, formaron o grupo ITS no Parlamento Europeo; porén, despois da saída do partido membro romanés, PRM, volveron perder o número necesario para formaren grupo parlamentario.

Alianzas de partidos sen representación no Parlamento Europeo Conferencia da Esquerda Anticapitalista Europea (CIAE) é unha agrupación de partidos pequenos de esquerda, entre elos a LCR francesa, a Izquierda Anticapitalista española, o Zutik vasco e o BNG galego. Fronte Nacional Europeo (FNE) inclúe varios pequenos partidos nacionalistas de crúa extrema dereita, entre eles a Falange Española, o NPD alemán e a Forza Nuova italiana.

Outras organizacións transnacionais Á parte dos partidos europeos arriba indicados, que se basean nunha infraestrutura de partidos estatais/nacionais, tamén existen algunhas organizacións europeas estruturadas de xeito unicamente transnacional. Porén, de momento ningunha destas organizacións cumpre cos criterios para formaren un partido político europeo.

Newropeans, unha organización fundada polo activista Franck Biancheri, que persegue unha maior democratización da UE. Europa Unida tamén busca unha democratización da UE e un reforzo dos elementos transnacionais. Europa-Democracia-Esperanto defende a introdución do esperanto como lingua oficial da Unión Europea.

Notas

Categoría:Partidos políticos paneuropeos