David de Gea Quintana, nado en Madrid o 7 de novembro de 1990, é un futbolista español. Xoga de porteiro e o seu actual club é o Manchester United F.C.
Traxectoria Naceu circunstancialmente en Madrid o 7 de novembro de 1990 e criouse en Illescas (Toledo). Empezou a xogar ao fútbol con 8 anos na escola da localidade de Casarrubuelos (Madrid), posteriormente estivo xogando no Colexio Castilla (Torrejón de la Calzada) cando tiña 12 anos, e con 14 anos chamárono do Atlético de Madrid. Con 16 foi convocado para xogar coa Selección Española sub-16 e aos 19 xogou o seu primeiro partido en Primeira División.
Atlético de Madrid O 30 de setembro de 2009 debutou, debido á lesión do porteiro titular do equipo, Roberto, nun partido oficial co primeiro equipo do Atlético de Madrid, nun encontro de Liga de Campións que enfrontaba ao Atlético contra o FC Porto no Estádio do Dragão. O 3 de outubro debuta no Estadio Vicente Calderón e detén un penalti; o seu equipo vence por 2-1 ao Zaragoza e sae ovacionado pola afección colchoneira. O 24 de outubro de 2009 xoga o seu segundo partido na Liga contra o Mallorca, o resultado é de 1-1.
No partido pertencente á ida dos dezaseisavos de final da UEFA Europa League, que o seu club disputou o 18 de febreiro de 2010 no Estadio Vicente Calderón, lesionouse tendo que ser substituído por Asenjo no minuto 25 da segunda parte, cando o equipo gañaba 1 a 0 (gol de Reyes) ao Galatasaray turco. Poucos minutos logo de ser substituído os turcos empataban o encontro, nunha desafortunada saída do meta Asenjo, sendo este o resultado final.
O 12 de maio de 2010, De Gea xoga como porteiro titular do Atlético de Madrid na final da UEFA Europa League, gañándolla ao Fulham por 2-1, con ambos os goles do dianteiro uruguaio Diego Forlán. En dita final, David de Gea realiza varias paradas de mérito cando o marcador reflectía o 1-1, evitando así a derrota do seu equipo.
O 19 de maio de 2010, tan só unha semana logo da primeira final, disputa a segunda consecutiva, esta vez da Copa do Rei. O Atlético perde contra o Sevilla FC por dous goles a cero. Dita final disputouse no Camp Nou de Barcelona.
O 27 de agosto de 2010, o Atlético xoga a final da Supercopa de Europa contra o Inter de Milán. O porteiro madrileño detén un penalti a Diego Milito nos últimos minutos de partido e proclámase campión, sendo o resultado final do partido dous a cero.
Foi galardoado como Xogador Revelación da tempada 2009–10.
Selección nacional De Gea formou parte da selección española que se foi campioa do Europeo sub-17 e subcampioa no Mundial Sub-17 de 2007.
O 10 de maio de 2010, foi incluído por Vicente del Bosque na preselección de 30 xogadores que poderían representar a España na Copa Mundial de Suráfrica de 2010. Con todo finalmente foi descartado na lista definitiva de 23 xogadores que deu o 20 de maio.
O 25 de xuño de 2011 proclamouse campión da Eurocopa sub-21.
Estatísticas A columna goles refírese a goles encaixados. Actualizado a 26 de xaneiro de 2011. ClubTempadaCategoríaLigaCopaEuropa LeagueChampions LeagueTotalPart.GolesPart.GolesPart.GolesPart.GolesPart.Goles Atlético de Madrid2009/10Primeira División1928710871235472010/11Primeira División20245556--3035 Total 39 52 12 15 13 13 1 2 65 82
Palmarés Campionatos nacionais TítuloClubPaisAnoPremier LeagueManchester United FCInglaterra2013
Campionatos internacionais TítuloClubPaisAnoUEFA Europa LeagueAtlético de MadridEspaña2010Supercopa de EuropaAtlético de MadridEspaña2010
Campionatos de seleccións TítuloSelecciónAnoCampionato Europeo Sub-17Selección española Sub-172007Eurocopa sub-21Selección española sub-212011
Distincións individuais DistinciónAnoXogador Revelación da tempada 2009/102010
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial de David de Gea
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid B Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid Categoría:Xogadores do Manchester United FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Futbolistas olímpicos de España Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2012