miniatura|Planta de Audi en Neckarsulm (centro)
Audi AG, con sede en Ingolstadt, en Baviera (Alemaña) é un fabricante de automóbiles, que pertence o Grupo Volkswagen.
A marca é un xogo de palabras para eludir os dereitos do nome da antiga fabricante de vehículos de motor Horch. O fundador da empresa August Horch, que foi un dos pioneiros da industria do automóbil en Alemaña, creara en 1899 "A. Horch & Cie." da cal seria expulsado por diferenzas entre el e o comité de vixilancia. Uns poucos anos máis tarde, fundou outra empresa "Horch Automobil-Werke GmbH" en Zwickau o 16 de xullo do 1909. Horch perdeu a disputa polo uso do nome, polo cal non puido volver usalo apelido para o nome da compañía, polo cal se puxo na procura dun novo nome para a compañía e encontrou unha proposta na escola de Zwickau,Pelicula de Audi AG: As frechas de prata de Zwickau, Entrevista a Dr. August Horch, Video 1992. "horch" ,significa "escoita", que levado o latín é Audi imperativo de Audire, co cal lle cambiou o nome da empresa a "Audi Automobilwerke GmbH", rexistrouna no Rexistro Mercantil como tal o día 25 de abril de 1910.
Historia
1909-1931: Establecemento da fábrica de coches Audi GmbH A historia da marca Audi comenza en novembro de 1899 despois de que August Horch (1868-1951), un dos pioneiros da industria automobilística alemá, fúndase en Ehrenfeld un distrito municipal de Colonia (Alemaña), a empresa de autos "August Horch & Cie", cuxo primeiro automóbil comezou a circular por vías públicas en 1901, este era un coche de dous cabalos con motor horizontal. A compañía mudouse a Reichenbach in 1902, onde en 1903 construíu o primeiro automóbil alemán de catro cilindros. A empresa trasladouse a Zwickau en 1904, onde se fabricou o primeiro motor de seis cilindros. O 16 de xullo de 1909 logo dalgunhas dificultades financeiras e desavinzas internas co consello de administración, decidiu abandonar a compañía para crear unha nova fábrica de automóbiles. Así naceu a "Horch Automobil-Werke GmbH" en Zwickau, (no estado de Saxonia)Centenario de Audi. Un exercicio de constante superación. O Mundo. Suplemento Motor n.º 396 (1-9-2009). Consultado o 26 de setembro de 2009. Como Horch perdeu a disputa legal polo nome da compañía, que xa estaba rexistrado anteriormente, non puido volver utilizar o seu apelido e escolleu o nome "Audi", a tradución ao latín do vocábulo alemán "horch", que en galego significa "oír" ou "escoitar".Audi, 100 anos de éxitos. Terra-Autopista (15-7-2009). Consultado o 26 de setembro de 2009. Por iso, en 1910, meses logo da súa fundación cambiou o nome da compañía a "Audi Automobilwerke GmbH".
De 1918 a 1931 En setembro de 1921,posiblemente en 1920, Audi foi a primeira compañía automotriz en introducir o volante con condución á esquerda, baseada nunha maior visibilidade dos vehículos e nunha maior manobrabilidade a horas de meter as marchas pois a panca quedaba á dereita. Fíxoo no seu modelo Audi K. Cara a 1928 outras marcas seguirían o seu exemplo.
En agosto de 1928 o enxeñeiro danés Jørgen Skafte Rasmussen de DKW adquiriu un paquete maioritario de accións en Audi.
1932-1945: Audi e Auto Union En 1932, ambas as compañías Horch e Audi, xunto con DKW (fundada en 1907) e Wanderer (fundada en 1885) fusionáronse para formar Auto Union AG -sendo estas a base da que máis tarde seria Audi AG- e poder facer fronte ás dificultades derivadas da Gran Depresión de 1929, que afectaba, principalmente á racionalización dos procesos de produción e ensamblaxe. O 29 de xuño de 1932, naceu o logotipo de Audi, con catro aros entrelazados, como símbolo froito da alianza das catro marcas saxoas: Audi, DKW, Horch e Wanderer.
A sede da compañía estivo ata 1936 na fábrica da DKW na cidade de Zschopau para colocarse a partir de aquí na cidade de Chemnitz -cidade na que foi rexistra a marca- no edificio da administración da compañía Presto-Werke.Véxase: :de:Presto-Werke En 1938 convértese nunha das primeiras empresas automobilísticas en facer test de choque os coches.
Para evitar a competencia dentro do grupo, asignouse a cada marca un segmento específico do mercado: automóbiles de luxo do segmento medio para Audi, motocicletas e coches pequenos para DKW, vehículos de tamaño medio para Wanderer e vehículos de luxo na parte máis alta da gama para Horch.
As catro marcas fundadoras foron comercializadas baixo o paraugas de Auto Union. A marca Audi presentou o menor volume de negocios do grupo (participación nas vendas das marcas individualmente na produción total de automóbiles en 1938 en Alemaña: 17,9% DKW, Wanderer 4,4%, 1,0% Horch, Audi 0,1%).
En 1941, dous anos logo de comezar a segunda guerra mundial, Auto Union AG producía exclusivamente vehículos para o uso militar polo que o seu desenvolvemento automobilístico viuse gravemente afectado.
1945-1991: da posguerra de Alemaña Oriental, a disolución de Auto Union AG 150px|miniatura|AWZ P70 Coupe Ao finalizar a guerra estando Auto Union AG na Zona de ocupación soviética foi dada de baixa no rexistro mercantil pois a administración da zona soviética expropiou e ordenou desmantelar todas as fábricas da empresa.
A antiga fábrica de Auto Union segue a producir automóbiles en Zwickau (nesa época pertencía á República Democrática Alemá) baixo o nome de VEB Automobilwerk Zwickau (AWZ) sacando neste tempo o VEB AWZ P70, en 1958 foi adquirida por Daimler-Benzy, que finalmente a vendeu en 1964 o Grupo Volkswagen, quen conservou o nome de Audi e o seu logo. O Trabant produciuse ata 1991 sendo este o último modelo producido pola VEB Sachsenring Zwickau.
Motocicletas
O 18 de abril do 2012, Audi anunciou a compra da marca italiana de motocicletas Ducati. Isto servirá para crear sinerxias para a fabricación de motores máis pequenos, que consuman menos combustible e na construción lixeira.
Accionistas
A estrutura do capital social é o seguinte: 99,14 % Grupo Volkswagenhttp://www.porsche-se.com/filestore.aspx/default.pdf?pool=pho&type=download&id=aktientausch-disclaimer-infopdf4mitteilung&lang=de&filetype=default 0,40 % Porsche Automobil Holding 0,46 % Free float As accións negócianse nas bolsas de valores de Berlín, Bremen, Dusseldorf, Frankfurt, Hamburgo, Múnic e Stuttgart.
Audi: a reixa única miniatura|upright=0.5|A evolución da reixa de Audi no exemplo do Audi A3.
A reixa única e un aspecto especialmente chamativo do deseño da grella de todos os vehículos da Audi dende 2004.
Houbo tres épocas no deseño da grella. A reixa, así chamado o marco decorativo, tiña só o marco cromado arredor da parte superior da reixa por riba do parachoques. O presentar a segunda xeración do Audi A4 (B6) no ano 2000, apareceu a grella de dobre marco, coa parte superior así como a parte inferior do parachoques rodeados por unha tira cromada. No 2004, apareceu a reixa única.
Pouco a pouco, todos os modelos da Audi acolleron este deseño. O primeiro modelo coa reixa única foi o A8 6.0L W12, un tempo despois, foi a versión de cinco portas do Audi A3, o A3 Sportback. Co cambio de modelo do A6 foi a primeira vez que unha serie enteira levaba a nova reixa. Co tempo todos recibiron a nova reixa, o A3, o A8 e o A4 dende as versións da serie B7. O Audi TT foi o último en recibir a reixa unica. O Audi A2 non chegou a usala posto que a súa produción rematou pouco despois da introdución da reixa única.
Modelos e tipos
Segmento B Construción Serie Nota Imaxe 1974–1978 Audi 50Tipo 86 Influenciado pola crise do petróleo, desenvolveuse o novo Audi 50. En setembro de 1975 apareceu un VW Polo I con motores máis pequenos que foron vendidos por Volkswagen. Ata xullo de 1978, vendéronse arredor de 181.000 exemplares do Tipo 86 antes de que Audi cesase a súa produción. 100px 1999–2005 Audi A28Z O compacto Audi A2 foi o primeiro coche de produción masiva cunha carrocería monocasco de aluminio (Audi Space Frame) e foi (na versión 1.2 TDI) un dos primeiros "Drei-Liter-Autos" que se ofreceu no mercado alemán. 100px dende 2010 Audi A18X O Audi A1 e o terceiro utilitario de Audi AG. A plataforma baséase no VW Polo V. 100px
Segmento C Construción Serie Nota Imaxe 1996–2006 Audi A38L É o primeiro modelo da Audi no segmento dos compactos. Foi deseñado sobre a plataforma do VW Golf IV. A versión de cinco portas apareceu no 1999. É fixeronlle un "Facelift" no ano 2000. 100px dende 2003 Audi A38P/AU350 Novo desenvolvemento sobre a plataforma do VW Golf V. No 2005 apareceu a variante A3 Sportback sendo reconsideradas revisións do modelo no 2008 e no 2010. 100px dende 2004 Audi A3 Sportback8PA/AU353 É unha variante do A3 8P. Introduciu a reixa única no A3. "Facelift" o igual que o modelo de tres portas no 2008 como no 2010. 100px
Segmento D Construción Serie Nota Imaxe 1965–1972 Audi F103
100px 1972–1976 Audi 80B1/Typ80
100px 1976–1978 Audi 80B1/Typ82
1978–1984 Audi 80B2/Typ81/85
1984–1986 Audi 80B2/Typ81/85
100px 1984–1986 Audi 90B2/Typ81/85
100px 1986–1991 Audi 80B3/Typ89/8A
100px 1987–1991 Audi 90B3/Typ89/8A
100px 1991–1994Avant: 1992–1995 Audi 80B4/8C
100px 1994–2000Avant: 1996–2001 Audi A4B5/8D
100px 2000–2004Avant: 2001–2004 Audi A4B6/8E
100px 2004–2007Avant: 2004–2008 Audi A4B7/8E
100px Dende 2007Avant:dende 2008 Audi A4B8/8K
100px Dende 2009 Audi A4 allroad quattroB8/8K
100px
Segmento E Construción Serie Nota Imaxe 1968–1976aproximadamente 800.000 Audi 100C1/F104
100px 1976–1982aproximadamente 950.000 Audi 100C2/Typ43
100px 1979–1982 Audi 200C2/Typ43
100px 1982–1991 Audi 100C3/Typ44
100px 1983–1991 Audi 200C3/Typ44
100px 1990–1994 Audi 100C4
100px 1994–1997 Audi A6C4/4A
100px 1997–2004Avant: 1998–2005 Audi A6C5/4B
100px 1999–2006 Audi allroad quattroC5/4B
100px Dende 2004Avant:dende 2005 Audi A6C6/4F
100px Dende 2006 Audi A6 allroad quattroC6/4F
100px Dende 2011 Audi A6 C7C7 Este A6 é 70 kg máis lixeiro que o seu predecesor e consome grazas aos seus modernos motores e técnicas de aforro de combustible até un 19 por cento menos que o seu predecesorhttp://www.autobild.de/artikel/audi-a6-2011-vorstellung-1301869.html 100px
Segmento F Construción Serie Nota Imaxe 1988–1994 Audi V8D11/4C
100px 1994–2002 Audi A8 D2D2/4D
100px 2002–2010 Audi A8 D3D3/4E
100px Dende 2010 Audi A8 D4D4/4H
100px Dende 2010 Audi A74G
100px
Descapotables Construción Serie Nota Imaxe 1991–2000 Audi Cabriolet89/8G
100px 2002–2006 Audi A4 CabrioletB6/8H
100px 2006–2009 Audi A4 CabrioletB7/8H 100px 2006–2009 Audi S4/RS4 CabrioletB7/8H
100px Dende 2008 Audi A3 Cabriolet8P
100px Dende 2009 Audi A5 Cabriolet8F
100px Dende 2009 Audi R8 SpyderTyp 42
100px
Quattro GmbH Quattro GmbHquattro GmbH é unha empresa totalmente privada, filial de Audi AG, parte á súa vez do maior fabricante de automóbiles alemán, o conglomerado empresarial (holding) Grupo Volkswagen (Volkswagen AG - VWAG).
A súa sede atópase en Neckarsulm, preto de Stuttgart, na rexión de Baden-Württemberg. A fábrica baséase na sede do agora extinto fabricante de automóbiles alemán (e do motor rotatorio sen pistón Wankel) NSU Motorenwerke AG (NSU).Foi fundada en 1983 e desde 1996 ten a súa produción independente.
A pesar de que "Quattro GmbH" como empresa pode ser relativamente descoñecida, os seus principais produtos son susceptibles de ser moi ben coñecidos, especialmente o Audi RS4, o Audi RS6 e o Audi R8.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio oficial de Audi Sitio oficial da Audi en España Audisport Ibérica Comunidade Audi en Portugal
Categoría:Audi