Habib Koité, (en ; Habib Kuwatɛ) nado en Thiès (Senegal) o 27 de xaneiro de 1958, é un cantante, compositor e guitarrista de Malí. Forma parte do grupo musical africano Bamada, que toma o seu nome da cidade de Bamaco, capital de Malí), do que tamén é membro Kélétigui Diabaté tocando o balafon.

Estilo musical Koité é coñecido principalmente polo seu xeito único de toca-la guitarra, con afinación en escala pentatónica e interpretar cancións de tradición bambara. Outras pezas da súa música achéganse máis ó blues ou flamenco que son dous estilos que aprendeu en Khalilou Traore.

O estilo vocal de Koité é íntimo e relaxado. Por outra banda el é quen crea e organiza tódalas cancións, cantando en inglés, francés, e bambara.

Discografía Muso Ko (1995) Ma Ya (1998) Baro (2001 Live! (2004) Afriki (2007) Acoustic Africa in concert (2011) Brothers in Bamako (2012) Soô (2014) Kharifa (2019)

Véxase tamén Ligazóns externas Habib Koité e Bamada en concerto

Categoría:Cantantes en lingua bambara Categoría:Grupos musicais de Malí Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados en Thiès