miniatura|Robert Urich á esquerda xunto con Maureen Reagan e Jack Hogan nunha foto publicitaria dun episodio piloto dunha serie, Vector, que non se chegou a realizar Robert Urich, nado o 19 de decembro de 1946 en Toronto (Ohio) e finado o 16 de abril de 2002 en Thousand Oaks, foi un actor estadounidense.
Traxectoria Urich naceu nunha familia de orixe rutena e eslovaca, entrou na Universidade Estatal de Florida cunha bolsa atlética de fútbol americano, graduándose en comunicacións radiotelevisivas, completando os seus estudos na Universidade Estatal de Míchigan, como actor comezou a aparecer en episodios de series de televisión en 1972. Protagonizou Bob & Carol, & Ted & Alice (1973), unha versión televisiva do filme do mesmo nome que se cancelou aos dous meses de emisión. Urich fíxose popular pola serie S.W.A.T. (1975-1976) onde deu vida ao oficial Jim Street, participou tamén na comedia de situación Soap (1977) e en Tabitha (1977). Na década de 1980 protagonizou a serie de detectives Vega$ (1978–1981), o filme de ciencia ficción The Ice Pirates (1984) e a serie policial Spenser: For Hire (1985–1988). En 1996 mentres protagonizaba a serie The Lazarus Man descubriuse que tiña sarcoma sinovial, un raro tipo de cancro, e Urich pasou os últimos anos da súa compaxinando o tratamento contra a enfermidade coa súa carreira.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Actores de Ohio Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Produtores de televisión Categoría:Nados no condado de Jefferson, Ohio Categoría:Nados en 1946 Categoría:Finados en 2002 Categoría:Estadounidenses de ascendencia eslovaca Categoría:Estadounidenses de ascendencia rutena Categoría:Alumnos da Universidade Estatal de Michigan