Xosé Manuel Sánchez Rei, nado na Coruña en 1973, é un filólogo e escritor galego.
Traxectoria Licenciouse en Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela en 1997 e doutorouse na Universidade da Coruña en 2001, onde actualmente exerce a docencia como Profesor Titular na Área de Filoloxía Galega e Portuguesa. É secretario da Revista Galega de Filoloxía e membro do seu Consello de Redacción desde o seu aparecemento no ano 2000, colaborando tamén con artigos en Terra e Tempo. Foi presidente da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda ata 2017 e actualmente pertence á súa xunta directiva.
Obras Ensaio Se o vós por ben teverdes. A interpolación pronominal en galego, 1999, Laiovento. Os pronomes demostrativos: do latín ao galego contemporáneo, 2002, Monografía 1 da Revista Galega de Filoloxía. A lingua galega no cancioneiro de Pérez Ballesteros, 2006, Laiovento. O complemento preposicional en galego. Análise desde a gramática de valencias, 2010, Universidade da Coruña. Lingua galega e variación dialectal, 2011, Laiovento. O falar das fadas, 2016, Baía. Cantar na Coruña, 2017, Laiovento. O portugués esquecido. O galego e os dialectos portugueses setentrionais (2021). Laiovento. 618 páxs. ISBN 978-84-8487-537-6.
Edicións O fidalgo e o teatro. Tres textos dramáticos de Ramón Otero Pedrayo (introdución, edición e notas), 1999, Departamento de Filoloxías Francesa e Galego-Portuguesa da Universidade da Coruña.
Obras colectivas Ensaio histórico e económico: antoloxía, 1997, AS-PG/A Nosa Terra. Coeditor con Bieito Alonso, María do Carme García Negro e Luís Obelleiro Piñón. O pensamento galeguista da posguerra: antoloxía, 1997, AS-PG/A Nosa Terra. Coeditor con Xoán Carlos Garrido Couceiro. Ricardo Carvalho Calero: ciencia, literatura e nación, 2001, Universidade da Coruña. Coeditor con Carlos Caetano Biscaínho. Estudos em Homenagem ao Professor Doutor Mário Vilela, 2005, Faculdade de Letras da Universidade do Porto. A lingua literaria galega no século XIX, 2005, Universidade da Coruña. En colaboración con Xosé Ramón Freixeiro Mato e Goretti Sanmartín Rei. Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación, 2009, Fundación Manuel María. Sobre o racismo lingüístico, 2009, Laiovento. Perspectivas sobre Bóveda: Ensaios e poemas polo seu 75º cabodano, 2011, A. C. Alexandre Bóveda. Correspondencia entre Manuel María e Ramón Otero Pedrayo (1951-1974), 2014, Fundación Manuel María. Coeditor, xunto a Estefanía Mosquera Castro. Modelos de lingua e compromiso, 2014, Baía.
Traducións Curso de Lingüística Xeral de Ferdinand de Saussure, 2005, Laiovento. (Introdución, tradución e notas).
Premios Gañador do Certame Ricardo Carvalho Calero na modalidade de Investigación Lingüística en 1998 coa obra Sintaxe do pronome átono en galego: a interpolación, posteriormente modificada e publicada baixo o título de Se o vós por ben teverdes. A interpolación pronominal en galego.
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Profesores da Universidade da Coruña Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1973