Rapa-Nui é un filme estadounidense dirixido por Kevin Reynolds e co-producido por Kevin Costner que se estreou nos cinemas en 1994. O argumento baséase nas lendas rapanui da Illa de Pascua, e conta a historia de dous namorados na época da construción das enormes esculturas moai e do culto Tangata Manu.

Sinopse

En 1722, o holandés Jacob Roggeveen descubriu unha illa no Pacífico Sur, cuxos habitantes chamaban Rapa Nui, e bautizouna como Illa de Pascua. 42 anos antes, un enfrontamento entre as clases sociais indíxenas convulsionou toda a illa. Os Orellas Curtas, clase inferior, construían as famosas estatuas moai por orde da clase nobre, os Orellas Longas. Só os Orellas Longas participaban na competición anual que determinaba quen sería o novo Ariki-mau ou Home Paxaro (o líder da illa durante un ano). Noro (Jason Scott Lee), é un dos mozos que competirá no próximo certame, e está namorado dunha rapaza dos Orellas Curtas, Ramana (Sandrine Holt). O seu amor só será posible se el supera a proba e ela acepta pasar as lúas que restan ata o día da competición dentro dunha escura e pequena cova. Por outra banda, o mellor amigo de Noro, Make, é un Orellas Curtas. El tamén está namorado de Ramana, pero o seu amor non é correspondido, polo que reta ó Ariki-mau a participar na carreira con ela como premio. A cambio, os Orellas Curtas deberán rematar un novo moai para que Make poida participar, e no caso de que este perdese terá que pagalo coa súa vida.

Personaxes Jason Scott Lee como Noro Esai Morales como Make Sandrine Holt como Ramana Eru Potaka-Dewes como Ariki-mau Gordon Hatfield como Riro Anzac Wallace como Haoa George Henare como Tupa Rena Owen como Hitirenga Pete Smith como sacerdote Rawiri Paratene como sacerdote Cliff Curtis como orellas curtas Lawrence Makoare como Atta Hori Ahipene como orellas longas Nathaniel Lees como xefe dos orellas longas Waihoroi Shortland como xefe dos orellas longas Grant McFarland como xefe dos orellas longas

Exactitude histórica O filme pode considerarse unha historia condensada do colapso da civilización da Illa de Pascua, xa que o argumento mestura elementos de dous períodos: a era da construción dos moai, e o posterior culto do Tangata Manu ou Home-Paxaro. Se o conflito entre os Orellas Longas e os Orellas Curtas foi real, este ocorreu moito antes de que comezase o culto do Home-Paxaro.

O nome Rapa Nui, frecuentemente empregado, non é o nome nativo orixinal da illa; é máis probable que sexa Te Pito te Henua ("o embigo do mundo"), termo empregado no filme.Illa de Pascua:testemuños

Notas

Véxase tamén Outros artigos Pobo rapanui Tangata Manu

Categoría:Filmes de 1994 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Kevin Reynolds Categoría:Filmes con banda sonora de Stewart Copeland Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes rodados en Chile Categoría:Filmes ambientados en Oceanía Categoría:Filmes ambientados na Illa de Pascua Categoría:Filmes sobre canibalismo