Olivia Carmen Rodríguez González, nada na Coruña o 13 de xuño de 1959, é unha filóloga e ensaísta galega. Dende 2012 é académica correspondente da Real Academia Galega.Novos membros da Academia (25/6/2012), Real Academia Galega.
Traxectoria Filla do escritor e xornalista Mariano Tudela e da tradutora Ascensión González Deus. Doutora en Filoloxía Española pola Universidade Complutense de Madrid, é profesora Titular de Teoría da Literatura e Literatura Comparada no Departamento de Letras da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña.
Obra en galego Ensaio Estética e teoría da cultura en Vicente Risco, 2001, Galaxia. Prologado por Carlos Casares. Vicente Risco (Escritor, etnógrafo e ideólogo do galeguismo), 2002, Ir Indo.
Edicións e obras colectivas Das sonorosas cordas, 2005, Eneida (Madrid). Actas Simposio Carlos Casares, 2009, Fundación Carlos Casares. Novas Achegas ao Estudo da Cultura Galega. II, 2012, Universidade da Coruña. Letras nómades. A mobilidade feminina na literatura galega, 2014, Frank & Timme. Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros. Concello de Pontevedra/Galaxia, 2015, xunto a Ana Acuña.
Obra en castelán Ensaio La obra narrativa de Vicente Risco, 2001, publicada en Internet a través da Universidade Complutense.
Edicións Retorno a Iria Flavia. Obra dispersa y olvidada, 1940-2001, de Camilo José Cela, 2006, Alvarellos. miniatura|Olivia Rodríguez, Xesús Alonso Montero e Carmen Blanco Ramos no Club Faro de Vigo en 2025Balada de los mares del norte. Poemas, cuentos y ensayos, 1942-1973, de Urbano Lugrís, 2008, Alvarellos.
Obras colectivas Del Romanticismo a la Posmodernidad, 2003, Laberinto, Madrid. Con Dolores Madrenas Tinoco.
Premios Premio da Crítica de Galicia en 2001, por Estética e teoría da cultura en Vicente Risco.
Notas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1959 Categoría:Profesores da Universidade da Coruña Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega