Aitor Ocio Carrión, nado o 28 de novembro de 1976 en Vitoria, é un exfutbolista vasco. Xogaba de defensa, e retirouse no Athletic Club.
Traxectoria Iniciou a súa carreira no Aurrerá de Vitoria da súa cidade natal. Logo pasou unha tempada polo Eibar ata recalar no Albacete Balompié cedido polo Athletic Club, club ao que xa pertencía, destacando na zaga manchega disputando máis de 34 partidos. Tras a excelente tempada co Albacete, foi cedido polo Athletic Club ao Osasuna que militaba en Primeira División. A súa regularidade abriulle as portas do primeiro equipo do Athletic Club, pero foi no Sevilla FC co que conseguiu triunfar no mundo futbolístico.
Foi o segundo capitán do Sevilla FC, logo de Javi Navarro, na tempada 2006-2007. No verán de 2007 volveu recalar no Athletic Club, no que xogou ata a súa retirada.
Palmarés Campionatos nacionais TítuloClubPaísAnoCopa do ReiSevilla FCEspaña2007Supercopa de EspañaSevilla FCEspaña2007
Campionatos internacionais TítuloClubPaísAnoCopa da UEFASevilla FCEspaña2006Supercopa de EuropaSevilla FCEspaña2006Copa da UEFASevilla FCEspaña2007
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Ficha de Aitor Ocio en Athletic Club.net
Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Aurrerá de Vitoria Categoría:Xogadores do Albacete Balompié Categoría:Xogadores do CA Osasuna Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Xogadores do Athletic Club de Bilbao Categoría:Nados en Vitoria Categoría:Nados en 1976