Orixe (en ) é un filme de ficción científica, escrito, co-producido e dirixido por Christopher Nolan. Nos Estados Unidos foi estreado o 16 de xullo de 2010. Está protagonizado por Leonardo DiCaprio, Ken Watanabe, Joseph Gordon-Levitt, Marion Cotillard, Elliot Page, Tom Hardy, Dileep Rao, Cillian Murphy, Tom Berenger e Michael Caine. DiCaprio interpreta Dom Cobb, un ladrón especializado na espionaxe corporativa que se infiltra no subconsciente dos seus obxectivos. Ofréceselle a oportunidade de recuperar a súa vella vida en troques de conseguir facer algo que se considera imposible: a "incepción", é dicir a implantación da idea doutra persoa no subconsciente do suxeito obxectivo.

Estrearase en galego na TVG o 30 de decembro de 2015.

Sinopse Dom Cobb (Leonardo DiCaprio) é un experto na arte de apropiarse, durante o soño, dos segredos do subconsciente das persoas. Esta inusitada habilidade de Cobb converteuno nun home moi cotizado no mundo da espionaxe, pero tamén o obrigou a ser un fuxitivo e, por conseguinte, a renunciar a levar unha vida normal e estar coa súa familia. A única oportunidade de recuperar a súa vida será facer exactamente o contrario do que fixo sempre: a incepción, que consiste en implantar unha idea no subconsciente no canto de subtraela. Non obstante, o seu plan complícase debido á intervención de alguén que parece predicir cada un dos seus movementos, e a quen soamente Cobb poderá descubrir.

Personaxes miniatura|O elenco na estrea do filme en xullo de 2010. De esquerda a dereita: Cillian Murphy, Marion Cotillard, Joseph Gordon-Levitt, Elliot Page, Ken Watanabe, Michael Caine, e Leonardo DiCaprio. Leonardo DiCaprio como Dom Cobb Joseph Gordon-Levitt como Arthur Elliot Page como Ariadne Tom Hardy como Eames Ken Watanabe como Mr. Saito Dileep Rao como Yusuf Cillian Murphy como Robert Michael Fischer Tom Berenger como Peter Browning Marion Cotillard como Mallorie "Mal" Cobb Pete Postlethwaite como Maurice Fischer Michael Caine como Prof. Stephen Miles Lukas Haas como Nash Talulah Riley como Blonde

Galardóns e nomeamentos 2010: Oscar: 8 Nomeamentos, incluíndo película, guión orixinal e BSO. 2010: Globos de Ouro: 4 Nomeamentos: mellor película drama, director, guión, BSO. 2010: BAFTA: 9 Nomeamentos, incluíndo mellor película. 2010: Satellite Awards: Mellor fotografía, dirección artística, BSO. 11 Nomeamentos.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Web oficial Ficha na IMDb Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 2010 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Christopher Nolan Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de ciencia ficción e aventuras dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Legendary Pictures Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Syncopy Inc. Categoría:Filmes rodados en Marrocos Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes rodados en Alberta Categoría:Filmes rodados no Reino Unido Categoría:Filmes rodados en París Categoría:Filmes rodados en Tokyo Categoría:Filmes ambientados en Kenya Categoría:Filmes ambientados no Xapón Categoría:Filmes ambientados nos Ánxeles Categoría:Filmes ambientados en París Categoría:Filmes ambientados en Sydney Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX Categoría:Filmes de 2010 con versión en galego