Pablo Orbaiz Lesaka, nado en Pamplona o 6 de febreiro de 1979, é un futbolista español. Xoga de centrocampista (ou centrocampista ofensivo) e o seu actual club é o FC Rubin Kazan.
Traxectoria Xogou desde mozo nas categorías inferiores do Club Atlético Osasuna. En 1997 pasa a formar parte do primeiro equipo.
En 2000 ficha polo Athletic Club. Con este equipo debuta na Primeira División, foi o 9 de setembro de 2000 no partido Deportivo 2-0 Athletic Club. Na súa primeira tempada no equipo xoga 27 partidos de liga.
Sufriu dúas lesións de gravidade, ambas nos seus xeonllos rompéndose os ligamentos. A primeira tivo lugar en xaneiro de 2003 ante o Racing de Santander e a segunda o 3 de decembro de 2006 ante o Real Madrid no Estadio Santiago Bernabéu.
Selección nacional Foi internacional coa selección de fútbol de España en catro ocasións. O seu primeiro partido como internacional foi o 21 de agosto de 2002 no Hungría 1:1 España.
No ano 1999, participou na Copa Mundial de Fútbol Sub-20 de Nixeria, onde España logrou ser campioa. O seleccionador Iñaki Sáez designouno capitán e foi polo tanto o encargado de levantar o trofeo do campionato. Algúns dos seus compañeiros nesa selección foron Dani Aranzubia, Iker Casillas, Pablo Coira, Colsa, Barkero, Marchena, Jusue, Yeste, Rubén Suárez, Gabri, Xavi, Pablo Couñago, Varela...
Tamén disputou partidos internacionais de carácter amigable coas seleccións de Euskadi e Navarra.
Palmarés Campionatos nacionais TítuloClubPaísAnoSubcampión da Supercopa de EspañaAthletic ClubEspaña2007
Copas internacionais TítuloClub*PaísAnoMundial de fútbol Sub-20Selección española sub-20Nixeria1999 * Incluíndo a selección.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha de Pablo Orbaiz en Athletic Club.net
Categoría:Futbolistas de Navarra Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do CA Osasuna B Categoría:Xogadores do CA Osasuna Categoría:Xogadores do Athletic Club de Bilbao Categoría:Xogadores do Olympiacos FC Categoría:Xogadores do FC Rubin Kazan Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Nados en Pamplona