Manuel Pereira Valcárcel, nado en Ouzande (A Estrada) o 9 de decembro de 1955, é un escritor galego.

Traxectoria Reside en Madrid, onde traballaba como mestre. Colabora en distintos medios de prensa escrita e revistas galegas.

Obras Poesía Poemas de cinza, 1990, edición do autor, Madrid. Todo morte, 1998, Edicións Río Xuvia. 2ª edición en 2006 en Ediciós do Castro. Rosa íntima, 2000, Espiral Maior. Inventario de fragmentos, 2001, Follas Novas. Libro das viaxes, 2002, Editorial Litoral das Rías, Pontevedra. Tatuaxes, 2011, Follas Novas. Tomas falsas (2021). Medulia. 112 páxs. ISBN 978-84-124173-1-9.

Narrativa Traxectos curtos, 2005, 3C3. Días do final, 2007, Galaxia. Malas cartas, 2010, Biblos Clube.

Obras colectivas Homenaxe a Miguel González Garcés, 1991, Deputación da Coruña. Comercial. Poesía galega en Madrid, 1998, Río Xuvia Edicións. Muller de doce sal. Homenaxe a Inés Canosa, 2000, VTP, Madrid. 47 poetas de hoxe cantan a Curros Enríquez, 2001, Xerais. En tránsito. Antoloxía de poesía galega en Madrid, 2001, Ediciós do Castro. Coordenador con Vicente Araguas. O trazo aberto, 2002, Deputación de Pontevedra. Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney. Premios Pedrón de Ouro. Certames XXVII (2001), XXVIII (2002) e XXIX (2003), 2004, Ediciós do Castro. Poesía Contemporánea Tabeirós-Terra de Montes, 2005, Fervenza. Pontevedra Literaria, 2007, Concello de Pontevedra. A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium. Bilbao. Antoloxía de poesía galega en Madrid, 2012, Amargord. A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos. Filografias, 2013, Lastura. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico). Fisterras, 2015, Lastura. Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais.

Premios Gañador da novena edición do premio de relatos Casa de Galicia en León no 1992, por Día de inverno. Mención de honor no Concurso xornalístico Manuel Reimóndez Portela no 1999. Accésit no Premio Modesto R. Figueiredo no 1999, por Sobremesa. Mención de honor no Concurso xornalístico Manuel Reimóndez Portela no 2000. Premio Rosalía de Castro, na modalidade de galego, da Casa de Galicia en Córdoba no 2001, por Inventario de fragmentos.

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en As escollas electivas Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García Barros

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1955