Maria Schneider, nada en París o 27 de marzo de 1952 e finada na mesma cidade o 3 de febreiro de 2011, foi unha actriz francesa. Acadou sona aos 20 anos polo seu papel en Ultimo Tango a Parigi de Bernardo Bertolucci.

Traxectoria Foi filla da modelo Marie-Christine Schneider e do actor Daniel Gelin, que non a recoñeceu como filla.

Debutou cn 15 anos no teatro, e iniciouse no cinema co director Terence Young, e cun pequeno papel en Madly, xunto a Alain Delon. Despois de aparecer en diversas producións francesas, alemás e italianas, presentouse ao cásting para un proxecto de Bernardo Bertolucci. Tras ser seleccionada interpretou o papel de Jeanne en Ultimo Tango a Parigi, acompañada de Marlon Brando, que a levaron á fama, pero que a marcaría negativamente para toda a vida.

Na década de 1970 participou en proxectos xunto a Jack Nicholson en O reporteiro, David Bowie e Marlene Dietrich en Just a Gigolo, ou Gérard Depardieu en Violanta. En 1980 foi candidata ao Premio César á mellor actriz secundaria polo seu papel como prostituta violenta e malsá en La Dérobade.

Continuou con papeis menores e aparicións en televisión, regresando na década de 1990 con Les Nuits Fauves e Jane Eire. En Les Acteurs (ano 2000) aparece cun papel semi-autobiográfico de actriz maldita.

Filmografía Madly (Roger Kahane, 1969) L'Arbre de Noël (Terence Young, 1969) La Vieille Fille (Jean-Pierre Blanc, 1972) What a Flash! (Jean-Michel Barjol, 1972) Ultimo Tango a Parigi (Bernardo Bertolucci, 1972) Cari genitori (Enrico Maria Salerno, 1973) Jeune fille libre le soirde (René Clément, 1975) Professione: reporter (Michelangelo Antonioni, 1975) La Baby-Sitter (René Clément, 1975) Violanta (Daniel Schmid, 1977) Voyage au jardin des morts (Philippe Garrel, 1978) La Dérobade (Daniel Duval, 1979) Just a gigolo (David Hemmings, 1979) Weisse Reise (Werner Schroeter, 1980) Haine (Dominique Goult, 1980) Mamma Dracula (Boris Szulzinger, 1980) Balles perdues (Jean-Louis Comolli, 1982) Merry-Go-Round (Jacques Rivette, 1982) L'Imposteur (Cercasi Gesù) (Luigi Comencini, 1983) Résidence surveillée (Frédéric Compain, 1987) Bunker Palace Hôtel (Enki Bilal, 1989) Au pays des Juliets (Mehdi Charef, 1992) Les Nuits fauves (Cyril Collard, 1992) Jane Eyre (Franco Zeffirelli, 1996) Les Acteurs (Bertrand Blier, 2000) La Repentie (Laetitia Masson, 2002) La Vie d'artiste (Marc Fitoussi, 2006) La Clef (Guillaume Nicloux, 2007) Cliente (Josiane Balasko, 2009)

Categoría:Actores de Francia Categoría:Nados en 1952 Categoría:Finados en 2011 Categoría:Nados en París