Manuel Bulnes Prieto, nado en Concepción o 25 de decembro de 1799 e finado en Santiago de Chile o 18 de outubro de 1866, foi un militar e político chileno, presidente do seu país entre 1841 e 1851.

Traxectoria Era fillo de Manuel Bulnes Quevedo e María Carmen Prieto Viaria. Casou cunha das figuras femininas máis representativas da aristocracia chilena, Enriqueta Pinto Garmendia, filla do presidente Francisco Antonio Pinto e irmá do Presidente Aníbal Pinto. A Enriqueta denominábana A Gran de Dama da Presidencia por ser filla, irmá e esposa de Presidentes da República.

Bulnes tomo parte na guerra para independizarse de España, loitando mesmo contra o seu pai, que estaba no bando realista. Posteriormente participou en campañas militares contra os irmáns Pincheira e contra indios pehuenches.

Participou en 1829 nunha revolución en contra do goberno liberal, e posteriormente na guerra contra a Confederación Perú-Boliviana, vencendo ás tropas de Andrés de Santa Cruz na batalla de Yungay o 20 de xaneiro de 1839, tras o cal foi recibido en Chile como heroe.

Foi nomeado ministro polo seu tío, o presidente José Joaquín Prieto Vial, e logo foi o candidato do goberno nas eleccións de 1841.

Categoría:Presidentes de Chile Categoría:Nados en Concepción, Chile Categoría:Nados en 1799 Categoría:Finados en 1866 Categoría:Chilenos de ascendencia española