Atraco perfectoCiclo de cine "Grandes golpes, grandes fuxidas".La Voz de Galicia, 8 de agosto de 1992. Páx. 63 é unha película dirixida por Stanley Kubrick en 1956, co título orixinal en inglés de The Killing.
Sinopse
Johnny Clay (Sterling Hayden), despois de pasar cinco anos na cadea, decide dar o último golpe da súa vida: levar a recadación dun hipódromo, uns dous millóns de dólares. Selecciona meticulosamente os cinco homes que serán os seus colaboradores, e planea a estratexia do asalto cunha precisión insospeitada.
Na operación acompáñano o policía corrupto Randy Kennan (Ted De Corsia), Mike O'Reilly (Joe Sawyer), un home que necesita imperiosamente os cartos para curar a súa muller doente, George Peatty (Elisha Cook Jr.), un tipo pouco consistente que ve por todos lados pretendentes da súa atractiva muller Sherry (Marie Windsor), e Nikki Arane (Timothy Carey), un asasino profesional que debe disparar no hipódromo ao cabalo Relámpago Vermello, favorito para a sétima carreira.
Nese momento, grazas á confusión creada, a banda desvalixa a caixa forte onde están os cartos. Nikki morre polos disparos dun vixilante do aparcadoiro. Á parte diso o plan sae segundo o previsto, pero cando Johnny ten que levar os cartos ao grupo, a policía entra no local e ten lugar un cruzamento de disparos, polo que se dirixe ao aeroporto coa súa moza para dirixirse a Boston. Alí vense obrigados a facturar a maleta, e cando é transportada ao avión cae do vehículo, ábrese e os billetes comezan a voar. Canto están a escapar, son detidos pola policía.
Historia A película ten varios puntos en común con A xungla do asfalto (John Huston, 1950), tamén protagonizada por Sterling Hayden. Nela planéase igualmente un "atraco perfecto", que tamén é frustrado de xeito absurdo para compracer a censura e que os "malos" sexan castigados.
A película utiliza un sistema narrativo non lineal, e desde os distintos puntos de vista de todos os protagonistas.
Repartimento Sterling Hayden como Johnny Clay Coleen Gray como Fay Vince Edwards como Val Cannon Jay C. Flippen como Marvin Unger Elisha Cook Jr. como George Peatty Marie Windsor como Sherry Peatty Ted de Corsia como Randy Kennan Joe Sawyer como Mike O'Reilly James Edwards como o empregado do aparcadoiro Timothy Carey como Nikki Arane Joe Turkel como Tiny Jay Adler como Leo o Usureiro Kola Kwariani como Maurice Oboukhoff Tito Vuolo como Joe Piano Dorothy Adams como Sr. Ruthie O'Reilly
Notas
Categoría:Filmes de 1956 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Filmes dirixidos por Stanley Kubrick Categoría:Filmes de 1956 con versión en galego