Cristina Sánchez-Andrade, nada en Santiago de Compostela o 5 de abril de 1968, é unha escritora galega en lingua castelá.
Traxectoria Filla de nai inglesa e pai galego, Sánchez-Andrade é licenciada en Dereito e en Ciencias da Información. É colaboradora habitualmente en prensa, por exemplo no diario El País, e fai crítica literaria e tradución. Vive en Madrid onde dá clases na universidade (Profesora Asociada de Literatura na Universidade Complutense -Facultade de Ciencias da Información-) e escribe.
Parte da súa obra está inspirada na tradición oral.
En 2014 foi autora convidada na Hawthornden International Retreat for Writers en Escocia, en 2017 en Villa Sarkia (Finlandia), en 2018 en OMI (Translation Lab. Ledig House. Nova York). en 2019 en Air-Artist in Residence (Krems an der Donau. Austria).
Obra
Poesía
Llenos los niños de árboles (2019). La Bella Varsovia. 72 páxs. ISBN 978-84-948412-7-9.
Novelas Las lagartijas huelen a hierba (1999). Lengua de trapo. 160 páxs. ISBN 978-84-89618-34-3. Bueyes y rosas dormían (2001). Siruela. 332 páxs. ISBN 978-84-7844-546-2.En 2004 foi incluído na Biblioteca Gallega de Autores en Castellano de La Voz de Galicia Ya no pisa la tierra tu rey (2003). Anagrama. 232 páxs. ISBN 978-84-339-6854-8. Alas (2005). Trama Editorial. 88 páxs. ISBN 978-84-89239-63-0. Coco (2007). RBA libros. 304 páxs. ISBN 978-84-7871-936-5. Los Escarpines de Kristina de Noruega (2010). Roca Editorial. 368 páxs. ISBN 978-84-9918-131-8. El libro de Julieta (2010). Grijalbo. 208 páxs. ISBN 978-84-253-4543-2. Las Inviernas (2014). Anagrama. 248 páxs. ISBN 978-84-339-9774-6. 47 trocitos (2014). Edebé. 144 páxs. ISBN 978-84-683-1597-3. En catalán 47 trossets, Edebé, 2014. Alguien bajo los párpados (2017). Anagrama. 336 páxs. ISBN 978-84-339-9836-1. La nostalgia de la Mujer Anfibio (2022). Anagrama. 272 páxs. ISBN 978-84-339-9939-9. Habitada (2025). Anagrama. 232 páxs. ISBN 978-84-339-2966-2. Habitada (2025). Allariz: Aira Ed. 208 páxs. ISBN 978-84-128837-8-7. Tradución ao galego de Inés Mosquera e Fabio Rivas.
miniatura|Con Inma López Silva en 2022
Relatos
Cuentos de Humo (2001). Siruela. Conto: "Candela". Todo un placer (2005). Berenice. Conto "69, amor". Daniel Gil: Nuestras mejores portadas (2005). Aldeasa. Conto: "Somos dos barcos" Comedias de Lope (2007). 451 Ediciones. Conto: "Locos de Valencia". El niño que comía lana (2019). Panorama Narrativas, Editorial Anagrama. 216 páxs. ISBN 978-84-339-9887-3.
Ensaio
Escribir un árbol, plantar un hijo y tener un libro. Un diálogo sobre la escritura creativa (2020). Triacastela. 310 páxs. ISBN 978-84-17252-16-8. miniatura|Con Ledicia Costas, Festa dos Libros Pontevedra 2024
Tradución (do inglés ao castelán)
Curdie y la Princesa, George MacDonald (2005). Siruela. Cumbres Borrascosas, Emily Brontë (2006). Siruela. Puck de la colina de Pook, Rudyard Kipling (2011). Siruela. Los chicos del ferrocarril, Edith Nesbit (2015). Siruela. Por qué este mundo. Una biografía de Clarice Lispector, Benjamin Moser (2017). Siruela.
Premios
2004: Premio Sor Juana Inés de la Cruz (Feria Internacional de Guadalajara, México) por Ya no pisa la tierra tu rey (Anagrama) 2016: Premio PEN para Tradución e Premio PEN para Promoción por Las Inviernas (Anagrama). 2017: Premio Nacional Cultura Viva. 2019: Premio de xornalismo Julio Camba por "En manos de Dios" (La Voz de Galicia). 2020: Premio Setenil ao mellor libro de contos publicado en España por El niño que comía lana (Anagrama).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha da autora
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en 1968 Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Tradutores do inglés