miniatura|Zelt Musik Festival 2017, en Freiburg, Alemaña Amy Macdonald, nada o 25 de agosto de 1987 en Bishopbriggs, East Dunbartonshire, é unha cantautora escocesa. Macdonald deuse a coñecer no ano 2007 co seu álbum de debut This Is the Life, e o seu cuarto sinxelo, "This Is the Life". O sinxelo chegou á primeira posición das listas en seis países diferentes, e entrou nos primeiros dez postos noutros once países.

"Don't Tell Me That It's Over" foi editado en marzo de 2010 coma o primeiro sinxelo do segundo álbum de Macdonald, A Curious Thing, que foi editado o 8 de marzo de 2010. O terceiro álbum de Macdonald, Life in a Beautiful Light, foi editado o 11 de xuño de 2012.

Traxectoria Os seus tres álbums son This is the life (2007), A curious thing (2010) e Life in a beautiful light (2012). Os seus xéneros son o rock folk, o indie e o country. A súa tesitura é unha voz de contralto. Tocou en festivais de música como Glastonbury, Hyde Park, T in the Park e no V Festival.

Discografía This Is the Life (2007) A Curious Thing (2010) Life in a Beautiful Light (2012) Under Stars (2017) The Human Demands (2020)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial de Amy Macdonald

Categoría:Nados en 1987 Categoría:Cantautores Categoría:Músicos de Escocia Categoría:Nados en Escocia